Saltar ao contido

Hazas de Cesto

Modelo:Xeografía políticaHazas de Cesto
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°23′49″N 3°35′23″O / 43.396944444444, -3.5897222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalBeranga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.957 (2025) Editar o valor en Wikidata (89,36 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie21,9 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude50 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataJosé María Ruiz Gómez Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39730 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39031 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX458288

Hazas de Cesto é un concello e localidade da comunidade autónoma de Cantabria, España, na Comarca de Trasmiera. Limita polo norte co municipio de Meruelo e Escalante, polo leste con Bárcena de Cicero e Voto, polo sur con Solórzano e polo oeste con Ribamontán al Monte.

O municipio está atravesado polo río Campiazo, a autovía A-8, a estrada nacional N-634 e a liña de FEVE Santander-Bilbao.

Localidades

[editar | editar a fonte]

As primeiras noticias documentadas sobre Hazas de Cesto atópanse no Cartulario de Santa María del Puerto (Santoña) e datan de 1213. O Becerro de las Behetrías, de 1351, sitúana baixo a dependencia da casa de Solórzano.

Posteriormente, no Catastro do Maqués de Ensenada, realizado en 1753, indícase que é de reguengo.

Núcleo de poboación

[editar | editar a fonte]

Hazas de Cesto é tamén unha localidade do municipio. No 2008 tiña unha poboación de 429 habitantes (INE). Está situado a unha altitude de 65 metros sobre o nivel do mar, e a 2 quilómetros da capital municipal, Beranga. Nesta localidade naceu Juan Ignacio Solana de la Escallada (19201987), relixioso.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Deste municipio destaca o Edificio de “Los Corros”, en Beranga, ben inventariado.

Demografía

[editar | editar a fonte]

As cifras do Instituto Cántabro de Estadística asignan a Hazas de Cesto unha poboación de 1.347 habitantes no 2008, aumentando con respecto ao ano anterior.

Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701980199020002007
1.2581.2931.4831.6641.6821.7711.7121.5931.4131.3711.2601.281 |

Fonte: INE

Administración

[editar | editar a fonte]

As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PP 241 25,64 % 2
PSOE 234 24,89 % 2
CCII 181 19,26 % 2
Ucn 177 18,83 % 2
PRC 97 10,32 % 1
  • Alcalde electo: José María Ruiz Gómez (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PRC 386 40,63 % 4
PP 239 25,16 % 2
CCII 186 18,58 % 2
PSOE 129 13,58 % 1
  • Alcalde electo: José María Ruiz Gómez (PRC).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mazarrasa Mowinckel, Karen: Catálogo monumental de los ayuntamientos de Hazas de Cesto y Solórzano. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 1999.
  • Vierna, Fernando de: "Respuestas Generales de Hazas de Cesto al Catastro del Marqués de la Ensenada", en "Altamira" nº 65. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 2005.