Noja
Coordenadas: 43°28′53″N 3°31′7″O / 43.48139, -3.51861
Noja | ||
---|---|---|
Praia en Noja. | ||
Localización | ||
País | España | |
Comunidade Autónoma | Cantabria | |
Comarca | Trasmiera | |
Xeografía | ||
Altitude | 10 msnm | |
Superficie | 9,2 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 2.613 hab. (2010) | |
Densidade | 284,02 hab./km² | |
Xentilicio | nojeño, nojarense | |
Outros datos | ||
Código postal | 39xxx | |
Alcalde | Jesús Díaz Gómez (PP) (2007) | |
www.nojaatodacosta.com |
Noja é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Trasmiera. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste e o sur con Arnuero, polo sur con Argoños e polo leste con Santoña. O municipio de Noja non se organiza en localidades, senón que consta só de varios barrios, sendo sede do consistorio o barrio de Palacio.
Historia[editar | editar a fonte]
Noja pertenceu desde o século IX até 1834 á Junta de Siete Villas, unha das cinco xuntas que compoñían o Meiriñado de Trasmiera. Un feito destacable da historia local é que en 1644 Noja recibiu de Filipe IV o título de vila, o que lle permitiu ser independente desta xunta e capacitada para nomear os seus propios alcaldes.
Desde finais do século XIX Noja é famosa como destino turístico e actualmente, o turismo é a principal actividade económica, que multiplica a poboación municipal até chegar aos 100.000 habitantes no verán grazas aos visitantes chegados principalmente do País Vasco, A Rioxa, Madrid e Castela e León. A explicación á chegada de tantos turistas débese ás praias do municipio e á masiva construción de novas vivendas, que fóra de tempada fican deshabitadas.
Barrios[editar | editar a fonte]
Noja constitúese nunha soa localidade homónima, que á súa vez se divide en diversos barrios, que son:
|
|
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Ten catro bens de interese cultural, todos con categoría de monumento:
- Torre dos Velasco.
- Casa para Obdulia Bonifaz (Palacio do Marqués de Albaicín).
- Casa palacio de Zilla.
- Muíño de Victoria, na marisma de Victoria, que serviu para xerar enerxía coas augas das marismas.
Ademais, son bens inventariados:
- Casona de Assas.
- Chalé para Manuel Morales.
- Casa-palacio de Venero, onde viviu Francisco de Venero Cabanzo, construída no século XVII.
- Ermida de San Xoán.
- Ermida de San Nicolás.
- Ermida de San Pedro.
Tamén cabe destacar:
- Palacio Torre do Carme.
Recursos naturais[editar | editar a fonte]
As Marismas de Santoña, Victoria e Joyel, situada cada unha nun extremo do municipio, son un grande atractivo como reserva natural e para as aves, que tamén recalan nas marismas de Santoña nas súas migracións.
Economía[editar | editar a fonte]
Un 3,3 % da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 33 % na construción, un 11,5 % na industria e un 52,2 % no sector terciario. No municipio a taxa de actividade é do 51,7 % e a taxa de paro é do 17 %, cando a media en Cantabria é de 52,5 % e 14,2 % respectivamente.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
655 | 641 | 786 | 940 | 983 | 980 | 1.058 | 1.170 | 1.273 | 1.609 | 2.019 | 2.425 |
Fonte: INE
Administración[editar | editar a fonte]
As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.
|
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Noja |