San Felices de Buelna
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Fonte: INE
San Felices de Buelna | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade Autónoma | Cantabria | |
Comarca | Besaya | |
Xeografía | ||
Altitude | 78 msnm | |
Superficie | 36,24 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 2.314 hab. (2007) | |
Densidade | 63,85 hab./km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 39409 | |
Alcalde | José González-Linares Gutiérrez (PRC) (2007) |
Coordenadas: 43°16′31″N 4°2′55″O / 43.27528, -4.04861 San Felices de Buelna é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte con Torrelavega e Cartes, polo sur con Anievas, polo leste con Corvera de Toranzo e Puente Viesgo e polo oeste con Los Corrales de Buelna.
O municipio áchase na comarca do Besaya e polo seu termo discorre o río Besaya. A influencia do desenvolvemento industrial da comarca repercutiu tamén neste municipio, aínda que en menor medida.
Localidades[editar | editar a fonte]
Os seus 2.309 habitantes (INE, 2008) viven en:
- La Bárcena, 3 hab.
- Jaín, 197 hab.
- Llano, 229 hab.
- Mata, 543 hab.
- Posajo Penías, 73 hab.
- Rivero (Capital), 403 hab.
- Sopenilla, 185 hab.
- Sovilla, 257 hab.
- Tarriba, 419 hab.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.404 | 1.538 | 1.597 | 2.143 | 2.503 | 2.719 | 3.362 | 2.854 | 2.497 | 2.385 | 2.168 | 2.241 |
Administración[editar | editar a fonte]
|
|
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Posúe cinco bens de interese cultural:
- Torre de Pero Niño, en Llano, con categoría de monumento. É unha torre medieval que se converteu en museo que presenta unha recreación da biografía de Pero Niño e que evoca a vida na Baixa Idade Media, a organización social de tipo estamental, as prácticas da cabalería, o armamento da época e as xestas de Pero Niño.
- Cova de Hornos de la Peña, en Tarriba, con categoría de zona arqueolóxica. Forma parte do lugar Patrimonio da Humanidade chamado "Cova de Altamira e arte rupestre do norte de España".
- Cova de Sovilla, zona arqueolóxica.
- Forma parte da zona arqueolóxica chamada "Conxunto Arqueolóxico formado polos xacementos de La Espina del Gallego, Cildá, El Cantón e Campo de Las Cercas"; outros municipios relacionados con este ben de interese cultural son: Corvera de Toranzo, Anievas, Molledo, Arenas de Iguña e Puente Viesgo.
- Os Castros do Monte Dobra, zona arqueolóxica.
Ademais, a Igrexa de San Félix en Rivero é Ben de interese local con categoría de inmoble.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Felices de Buelna |