Saltar ao contido

Valdáliga

Modelo:Xeografía políticaValdáliga
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°19′45″N 4°20′57″O / 43.329166666667, -4.3491666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalRoiz Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.135 (2025) Editar o valor en Wikidata (21,83 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie97,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude50 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataLorenzo Manuel Gonzalez Prado (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39593 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39091 Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 196680 BNE: XX456484

Valdáliga é un concello da comunidade autónoma de Cantabria situado a 58 quilómetros de Santander. A súa extensión é de 97,76 km², sendo un dos maiores desta autonomía, aínda que a súa poboación só rolda os 2.500 habitantes.

Limita con poboacións importantes como Cabezón de la Sal, Comillas e San Vicente de la Barquera. Ao norte asómase ao Mar Cantábrico mediante unha ampla franxa do Parque natural de Oyambre, mentres que ao sur recóstase nas brumosas ladeiras da Serra do Escudo de Cabuérniga, onde nace o río Escudo.

Comparte cos concellos de Herrerías e Rionansa a cova de El Soplao.

Localidades

[editar | editar a fonte]
Ermida de San Antonio en Caviedes.

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa economía sempre foi agropecuaria, forestal e ultimamente turística. Un 21 % da poboación emprégase no sector primario, un 21,6 % na construción, un 12,6 % na industria e un 44,8 % no sector terciario. No municipio a taxa de actividade é do 49,4 % e a taxa de paro é do 10,2 %, mentres que a media en Cantabria está arredor do 52,5 % e do 14,2 % respectivamente. Predomina polo tanto o sector servizos.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Destaca unha Casa-Torre en Roiz, ben de interese cultural con categoría de monumento e, ademais, a Casona da Salceda en Treceño, Ben inventariado.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701980199020002007
3.5663.6373.7583.5953.6263.9323.4343.2522.7532.8322.5412.364

Fonte: INE

Administración

[editar | editar a fonte]
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PP 1086 59,57 % 7
PSOE 556 30,50 % 3
PRC 156 8,56 % 1
  • Alcalde electo: Calixto García Gómez (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
AVI 703 37,90 % 5
PP 539 29,06 % 3
PSOE 499 26,90 % 3
  • Alcalde electo: Lorenzo Manuel González Prado (AVI).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]