Laredo, Cantabria
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
| Capital | Laredo | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 10.698 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 15,71 km² | ||||
| Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
| Altitude | 5 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Laredo (en) | Rosario Losa Martínez (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 39770 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 39035 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | laredo.es | ||||
Laredo é unha vila e un concello español da Comunidade Autónoma de Cantabria, sito na súa parte oriental e sobre o Mar Cantábrico. No ano 2007 contaba cunha poboación de 12.835 habitantes (INE), sobre unha área municipal de 13 km².
É cabeza comarcal do val baixo do Asón, e como tal empresta servizos aos concellos limítrofes (Colindres, Limpias, Bárcena de Cicero, Liendo, Ampuero etc.).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado na desembocadura oriental do río Asón, na súa maior parte é un extenso areal de máis de 5 km chamado La Salvé. Porén, a superficie é sobre todo chaira e areosa; aínda que ao seu arredor aparecen terreos alombados. A maior parte do territorio está ocupado por edificacións, pese a que son frecuentes as fragas de eucaliptos, piñeiros e castiñeiros, así como vexetación de tipo dunar na área de praia.
Economía
[editar | editar a fonte]Economicamente, pasou de vivir, hai pouco máis de 30 anos, da pesca a depender do sector servizos. Dentro deste merece mención especial a hostalaría, á que se dedica unha parte importante da súa poboación activa, e está destinada a cubrir as necesidades de lecer das numerosas persoas que visitan a vila, designadamente na época do verán. De feito, Laredo é unha referente do tópico turismo de sol e praia no norte da Península.
A industria municipal está baseada na transformación dos produtos pesqueiros, en especial da transformación do bocareo en anchoa, e máis nas pequenas empresas familiares. O sector primario, por contra, foi perdendo importancia, aínda que polo de agora son moitos os laredanos que se dedican a este tipo de labor.
Patrimonio cultural
[editar | editar a fonte]A súa historia vén definida polo antigo esplendor como localidade vencellada ao Mar Cantábrico. Dentro do seu núcleo urbano son correntes as casas soaregas brasonadas e numerosos os centros relixiosos, entre os que cómpre destacar a igrexa gótica de Santa María da Asunción (século XIV).
Localidades
[editar | editar a fonte]- La Arenosa
- El Callejo
- Las Cárcobas
- Las Casillas
- Laredo (Capital)
- La Pesquera
- Tarrueza
- Villante
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Laredo, Cantabria |
