Camargo, Cantabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°25′36″N 3°51′19″O / 43.426666666667, -3.8552777777778

Camargo (Camargu en cántabro) é un municipio situado ao norte de Cantabria (España).

Toponimia[editar | editar a fonte]

Hai quen deriva[quen?] o topónimo Camargo do prerromano Cabarcus, que é como se designaba ao individuo da tribo dos Cabarci que menciona Plinio o Vello no século I[Cómpre referencia].

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio atópase situado nun chairo da comarca de Santander e limita ao norte con Santander e Santa Cruz de Bezana, ao oeste con Piélagos, ao sur con Piélagos e El Astillero e ao leste coa Baía de Santander. Está situado na entrada da capital rexional, formando parte da súa área metropolitana.