Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herrerías é un concello da comunidade autónoma de Cantabria , situado na comarca de Saja-Nansa . Limita ao norte cos concellos de Val de San Vicente e San Vicente de la Barquera , ao sur con Lamasón e Rionansa , ao leste con Valdáliga e ao oeste con El Valle Baju de Peñamellera (xa no Principado de Asturias ). En Herrerías abondan as covas e posúe unha de extraordinario valor, a Cova de El Soplao , compartida con Rionansa e Valdáliga .
Segundo o INE tiña 700 habitantes no ano 2006 , que se distribuían nas seguintes localidades:
Juan Francisco Linares Buenaga (PRC ) é o actual alcalde do concello. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais de 2003 e 2007 .[ 1]
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido
Votos
%
Concelleiros
PRC
382
64,42 %
5
PP
168
28,33 %
2
Alcalde electo: Juan Francisco Linares Buenaga (PRC ).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido
Votos
%
Concelleiros
PRC
357
64,32 %
5
PSOE
99
17,84 %
1
PP
97
17,48 %
1
Alcalde electo: Juan Francisco Linares Buenaga (PRC ).