Val de San Vicente
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
| Capital | Pesués | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.775 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 50,9 km² | ||||
| Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
| Altitude | 50 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Roberto Escobedo Quintana (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 39... | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 39095 | ||||
| Sitio web | aytovaldesanvicente.es | ||||
Val de San Vicente é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste co concello asturiano de Ribadedeva, polo sur con Herrerías e polo leste con San Vicente de la Barquera.
Val de San Vicente é o municipio máis occidental da costa cántabra e está situado na desembocadura dos ríos Deva e Nansa, que achegan as súas augas ao mar nas rías de Tina Mayor e Tina Menor respectivamente.
A súa actividade económica principal é o turismo. Tamén a industria alimentaria fíxose un oco na economía de Val de San Vicente coas corbatas como principal produto, típico da zona.
O territorio está atravesado pola Autovía do Cantábrico e pola liña de ferrocarril de FEVE Santander-Oviedo. De Unquera parte a principal estrada que comunica a comarca de Liébana coa costa e o resto de Cantabria.
Durante o Antigo Réxime este municipio pertencía como señorío aos Marqueses de Aguilar de Campoo.
Localidades
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2.570 | 2.749 | 2.575 | 2.641 | 2.892 | 3.026 | 3.081 | 2.777 | 2.408 | 2.621 | 2.560 | 2.670 |
Fonte: INE
Administración
[editar | editar a fonte]
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Existen no municipio os seguintes bens de interese cultural:
- Torre de Estrada, en Estrada, monumento.
- Cova de La Fuente del Salín, en Muñorrodero, zona arqueolóxica.
- Castro de Castillo, en Prellezo, zona arqueolóxica.
- Ruta Lebaniega, que liga o Camiño de Santiago da costa co Camiño Francés – afectando, á parte deste municipio, aos de San Vicente de la Barquera, Herrerías, Lamasón, Cillorigo de Liébana, Potes, Cabezón de Liébana, Camaleño e Vega de Liébana.
Hai, ademais, un Ben de interese local, as Ruínas da antiga igrexa medieval do cemiterio de Portillo.
Concello irmán
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Val de San Vicente |
