Villafufre
Villafufre | |
---|---|
Localización | |
País | ![]() |
Comunidade Autónoma | Cantabria |
Comarca | Valles Pasiegos |
Xeografía | |
Altitude | 222 msnm |
Superficie | 30,1 km² |
Demografía | |
Poboación | 1.109 hab. (2009) |
Densidade | 36,84 hab./km² |
Outros datos | |
Código postal | 39638 |
Alcalde | Marcelo Mateo Amezarri (PP) (2007) |
www.villafufre.com |
Coordenadas: 43°16′2″N 3°53′31″O / 43.26722, -3.89194 Villafufre é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Santa María de Cayón, polo sur con Villacarriedo, polo oeste con Santiurde de Toranzo e polo leste con Saro. O municipio atópase na comarca do Pas-Miera (comarca dos Valles Pasiegos) e polo seu territorio discorre o río Pisueña, principal afluente do río Pas.
Esténdese sobre unha superficie de 30,1 km² no límite norte da comarca pasiega, entre as cabeceiras dos vales de Toranzo e Carriedo, atravesados polos ríos Pas e Pisueña respectivamente.
Os núcleos de poboación do concello (ten 1115 habitantes) aséntanse ao sur da Serra Manzano, a cal coroa os cotos de Sopeña (532 metros) e Caballar (656 metros). No centro elévase o coto de San Martín (319 metros), que ten dúas vertentes, pola occidental descende o arroio de La Plata e pola oriental numerosos regos que dan ao río Pisueña (Bustillo, Socorral, Álamos).
Localidades[editar | editar a fonte]
- Argomeda
- Bustillo de Villafufre
- Escobedo
- La Canal
- Ojuriego
- Penilla
- Rasillo
- Sandoñana
- San Martín de Villafufre
- Trasvilla
- Susvilla
- Vega de Villafufre
- Villafufre (Capital)
Economía[editar | editar a fonte]
Un 28,1 % da poboación de Villafufre emprégase no sector primario, un 18,8 % na construción, un 17,6 % na industria e un 35,6 % no sector servizos. Predomina por tanto o sector terciario.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.518 | 1.495 | 1.519 | 1.513 | 1.648 | 1.675 | 1.585 | 1.439 | 1.264 | 1.194 | 1.145 | 1.115 |
Fonte: INE
Administración[editar | editar a fonte]
|
|