Valdeprado del Río
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Valdeprado del Río | |
---|---|
Localización | |
País | ![]() |
Comunidade Autónoma | Cantabria |
Comarca | Campoo-Los Valles |
Xeografía | |
Altitude | 957 msnm |
Superficie | 89,33 km² |
Demografía | |
Poboación | 310 hab. (2009) |
Densidade | 3,47 hab./km² |
Outros datos | |
Código postal | 39418 |
Alcalde | Jaime Soto Marina (PP) (2007) |
www.valdepradodelrio.com |
Coordenadas: 42°54′38″N 4°4′32″O / 42.91056, -4.07556 Valdeprado del Río é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Atópase na comarca de Campoo-Los Valles e limita polo norte cos municipios de Campoo de Enmedio e Las Rozas de Valdearroyo, polo sur con Valderredible, polo oeste con Valdeolea e a provincia de Palencia e polo leste coa provincia de Burgos, ambas provincias parte da comunidade autónoma de Castela e León.
Este municipio ten como principais vías de comunicación a A-67 e a N-611.
Localidades[editar | editar a fonte]
Os seus 291 habitantes (INE, 2006) distribúense por:
- Aldea de Ebro, 5 hab.
- Arcera, 19 hab.
- Arroyal (Capital), 55 hab.
- Barruelo, 28 hab, dos que 7 viven en Montes Claros.
- Bustidoño, 12 hab.
- Candenosa, 6 hab., o pobo a maior altitude de Cantabria.
- Hormiguera, 33 hab.
- Laguillos, 8 hab.
- Malataja, 16 hab.
- Mediadoro, 9 hab.
- Reocín de los Molinos, 15 hab.
- San Andrés, 24 hab.
- San Vitores, 12 hab.
- Sotillo, 20 hab.
- Valdeprado del Río, 29 hab.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Destaca Aldea de Ebro, ben de interese cultural con categoría de conxunto histórico. Ademais, o Mosteiro de Montesclaros é ben inmoble de interese local.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.631 | 2.539 | 2.447 | 2.381 | 2.199 | 2.085 | 1.390 | 1.007 | 560 | 429 | 312 | 324 |
Fonte: INE
Administración[editar | editar a fonte]
|
|