Valderredible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valderredible
Escudo Valderredible.jpg
Valderrbandera.png
Localización
Valderredible (Cantabria) Mapa.svg
País España España
Comunidade Autónoma Cantabria
Comarca Campoo-Los Valles
Xeografía
Altitude 835 msnm
Superficie 298,24 km²
Demografía
Poboación 1.099 hab. (2009)
Densidade 3,68 hab./km²
Xentilicio Valluco/a
Outros datos
Código postal 39220
Alcalde Luis Fernando Fernández (PRC) (2007)
www.valderredible.es

Coordenadas: 42°48′26″N 3°56′21″O / 42.80722, -3.93917 Valderredible é o concello máis meridional da comunidade autónoma de Cantabria. Limita polo norte con Valdeprado del Río, polo leste e sueste coa provincia de Burgos e polo oeste e suroeste coa provincia de Palencia, ámbalas dúas de Castela e León. Valderredible está situado na comarca de Campoo-Los Valles e por el discorre o río Ebro. É o municipio de Cantabria con maior extensión.

Historia[editar | editar a fonte]

Atopáronse restos de ferramentas do Neolítico e da Idade de Bronce en Salcedo, pinturas rupestres en Ruanales e un menhir (chamado Lanchahincada) en San Martín de Elines. Tamén hai pegadas da ocupación romana.

Na Alta Idade Media (cara o século X), a zona xa era coñecida como Val de Ripa Hibre (castelán antigo: Val do río Ebro, do que deriva o nome actual de Valderredible) e debía de estar bastante poboada, pola abundancia de ermidas rupestres, enterramentos e restos cerámicos datados na época. A partir dos séculos XI e XII constrúense as abundantes igrexas románicas da comarca.

Valderredible estivo integrado no Meiriñado de Campoo até que, en 1633, os seus veciños conseguiron o dereito a ter alcaldes designados pola autoridade real de entre eles. No ano 1835 obtén o rango de municipio.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Varios son os bens de interese cultural deste municipio. Por un lado, hai unha serie de monumentos entre os que se distinguen as ermidas rupestres das igrexas románicas e, por outro, unha serie de zonas arqueolóxicas.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Valderredible concentra gran cantidade de ermidas rupestres ao longo de todo o val.
Centro de Interpretación do Rupestre, ao lado da Ermida de Santa María de Valverde.

Hai outras manifestacións románicas non protexidas oficialmente, que fan que Valderredible forme parte do País do Románico, zona cunha das maiores concentracións de igrexas románicas de Europa, estando todas elas sendo sometidas a un proceso de restauración. Poden citarse San Andrés de Valdelomar (século XII ou comezos do XIII), Castrillo de Valdelomar, Villanueva de Nía e varias máis, conservadas en maior ou menor medida, repartidas por toda a zona.

Zonas arqueolóxicas[editar | editar a fonte]

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Xunto á Ermida Rupestre de Santa María de Valverde, localízase o Centro de Interpretación da Arte Rupestre, que se encontra aberto ao público.

Na localidade de La Puente del Valle, atópase o Centro de visitantes da "Piedra en Seco", dependente do Goberno de Cantabria, aberto ao público desde finais do 2006.

No cruce de Puente del Valle con Montecillo e Quintanilla de An, áchanse os restos da ermida rupestre de San Pantaleón, e dunha necrópole labrada no alto dunha rocha.

A localidade de Rebollar de Ebr, alberga o Observatorio Astronómico de Cantabria.

En Riopanero encóntrase o Centro de Visitantes do Monte Hijedo, un dos bosques de carballo albar máis importante do norte de España. A través desta localidade temos un dos accesos a este bosque.

En Polientes, centro de servizos da zona, localízase o Museo Etnográfico de Valderredible.

Localidades[editar | editar a fonte]

Colexiata de San Martín de Elines.
Ermida rupestre de Santa María de Valverde.
Carballeira nas inmediacións de Navamuel.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación deste municipio, como é habitual nas zonas interiores de Cantabria, diminuíu enormemente, tendo escasamente os 1000 habitantes na actualidade. Este despoboamento, xunto á gran extensión do municipio, provoca un número moi baixo de habitantes por quilómetro cuadrado.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
7.442 7.149 7.554 7.050 6.581 6.092 4.989 2.582 1.562 1.374 1.261 1.137

Fonte: INE

No 2008, das 1.131 que residen en Valderredible, 627 son homes e 504 mulleres.

Administración[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 426 40,69 % 4
PSOE 365 34,86 % 3
PRC 246 23,50 % 2
  • Alcalde electo: Luis Fernando Fernández (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PRC 411 45,92 % 5
PSOE 240 26,82 % 2
PP 237 26,48 % 2
  • Alcalde electo: Luis Fernando Fernández (PRC).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]