Cabezón de Liébana
Cabezón de Liébana | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vista da localidade. | |||
Localización | |||
País | España | ||
Comunidade Autónoma | Cantabria | ||
Comarca | Liébana | ||
Xeografía | |||
Altitude | 363 msnm | ||
Superficie | 81,43 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 650 hab. (2013) | ||
Densidade | 7,98 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 39571 | ||
Alcalde | Jesús Fuente Briz (PP) | ||
Sitio web oficial |
Cabezón de Liébana é un municipio situado na comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Linda polo sur con Pesaguero, polo leste con Polaciones e Rionansa, polo oeste con Potes e Vega de Liébana e polo norte con Lamasón e Cillorigo de Liébana.
Localidades[editar | editar a fonte]
Os 697 habitantes do municipio (2008, INE), distribúense por:
- Aniezo, 32 hab.
- Buyezo, 37 hab.
- Cabariezo, 12 hab.
- Cabezón de Liébana (Capital), 96 hab.
- Cahecho, 50 hab.
- Cambarco, 34 hab.
- Frama, 161 hab.
- Lamedo, 31 hab.
- Luriezo, 47 hab.
- Perrozo, 59 hab.
- Piasca, 75 hab.
- San Andrés, 36 hab.
- Torices, 27 hab.
Economía[editar | editar a fonte]
As actividades económicas principais de Cabezón de Liébana son a gandaría, a agricultura, e tamén o sector servizos, debido ao turismo incipiente atraído polo patrimonio natural e artístico, cuns grandes expoñentes que por excelencia son o Parque Nacional dos Picos de Europa. O microclima que se dá na comarca lebaniega permite cultivar especies vexetais que non se dan en zonas adxacentes.
Núcleo de poboación[editar | editar a fonte]
Cabezón de Liébana é tamén unha localidade, capital municipal. No 2008 contaba cunha poboación de 96 habitantes (INE). Atópase a unha distancia de 122 quilómetros da capital cántabra, Santander, e está a unha altitude de 363 metros sobre o nivel do mar.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Neste concello hai dous bens de interese cultural:
- Igrexa de Santa María de Piasca, na categoría de monumento.
- A Ruta Lebaniega, que enlaza o Camiño de Santiago da costa co Camiño Francés, que afecta, ademais de a este municipio, aos de San Vicente de la Barquera, Val de San Vicente, Herrerías, Lamasón, Cillorigo de Liébana, Potes, Camaleño e Vega de Liébana.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.199 | 2.207 | 2.190 | 2.121 | 2.152 | 2.209 | 1.892 | 1.361 | 953 | 908 | 670 | 685 |
Administración[editar | editar a fonte]
Manuel Heras Gómez (PP) é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.
|
|
Fillo ilustre[editar | editar a fonte]
- José María Pérez González (28 de setembro de 1941): Arquitecto, debuxante, e académico da Institución Tello Téllez de Meneses desde o 3 de marzo do 2000. Presidente da Fundación Santa María la Real de Aguilar de Campoo desde o 2004.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabezón de Liébana |