Tresviso
Coordenadas: 43°15′30″N 4°40′0″O / 43.25833, -4.66667
Tresviso | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vista de Tresviso. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | Cantabria | ||
Comarca | Liébana | ||
Xeografía | |||
Altitude | 907 msnm | ||
Superficie | 16,23 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 74 hab. (2011) | ||
Densidade | 4,56 hab./km² | ||
Xentilicio | Tresvisano/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 39xxx | ||
Alcalde | Francisco Javier Campo Campo (PSC-PSOE) (2007) | ||
www.tresviso.net |
Tresviso é un concello situado no extremo occidental da comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. É un dos máis pequenos de Cantabria, tanto por extensión como por poboación, tendo censados no 74 habitantes (INE 2011), e componse dun só núcleo. A localidade está situada a 907 metros de altitude e atópase a unha distancia de 91 quilómetros da capital cántabra, Santander.
Limita polo norte con Peñamellera Alta e Peñamellera Baja (Asturias), polo sur con Cillórigo de Liébana, polo leste con Peñarrubia e polo oeste con Cabrales (Asturias).
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O seu nome Tresviso provén da derivación montañesa tres-visu do latín trans visum, ou ben do tamén latín trans abyssum, "tralo abismo".
Xeografía[editar | editar a fonte]
Tresviso áchase nun burato de paredes calcarias preto do Río Urdón. Limita, co Cantu la Jorcaúra e Las Ruyas, polo norte; El Cuetu, polo sur; os invernais de Prías e a senda de Urdón, polo leste; e a Loma de la Mesa, polo oeste.
Este municipio caracterízase polo illamento no que a comunicacións se refire. De feito, o único acceso por estrada que existe realízase desde a localidade asturiana de Sotres e é necesario cruzar o Jitu Escarandi.
Para os excursionistas, destacar a subida de 6 quilómetros pola senda de La Peña que separa Tresviso de Urdón. Nela sálvase un desnivel duns 825 metros a través dun tortuoso sendeiro cheo de curvas no que destaca o impoñente balcón de Pilatos, un miradoiro natural do Río Urdón en completa verticalidade cunha caída de máis de 600 metros.
Outra rota montañeira que pode facerse, desde Tresviso, é a ascensión ao Cuetu la Cerralosa, a 1.552 metros de altitude, así como outros cumios próximos: Cantu la Jorcaúra, Cuetu las Rubias e o Cantu Sulasfuentes.
Economía[editar | editar a fonte]
Situado integramente no Parque Nacional dos Picos de Europa, Tresviso ten como principal actividade a gandaría de vacún, ovino e caprino, sendo o produto máis famoso o queixo picón de Tresviso. Tamén cabe destacar unha incipiente actividade turística. Este feito está freando lixeiramente a tendencia emigratoria que viña arrastrando Tresviso en particular e a zona en xeral. Un 30 % da poboación activa de Tresviso emprégase no sector primario, un 25 % na construción e un 45 % no sector terciario. Cabe destacar a inexistencia de actividade industrial no municipio.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2009 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
377 | 414 | 485 | 433 | 394 | 395 | 319 | 178 | 91 | 94 | 60 | 80 |
Fonte: INE
Administración[editar | editar a fonte]
|
|
Festas[editar | editar a fonte]
Celébrase a Festa do Ramo polo San Pedro, o 29 de xuño.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Adrados, M.Á.: «Ruta D-1. Tresviso. Visita (ascensión) a la aldea desde Urdón», en Picos de Europa, Ascensiones y travesías de dificultad moderada. ISBN 84-922363-3-7, páxinas 108-111.
- Obregón Goyarrola, F.: «39. Tresviso. Ascensión desde Urdón», en 50 rutas por las montañas de Cantabria. ISBN 84-87934-20-X, páxinas 216-220.
- Obregón Goyarrola, F.: «93. El Cuetu la Cerralosa (1559). Circuito-ascensión desde Tresviso», en Nuevas rutas por las montañas de Cantabria. ISBN 84-87934-36-6, páxinas 232-236
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tresviso |