Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O municipio atópase encaixado na parte alta do Val do Saja, que drena o río homónimo. Limita polo norte con Cabuérniga e máis Ruente, polo leste con Molledo e Bárcena de Pie de Concha, polo oeste con Cabuérniga e máis a Mancomunidade Campoo-Cabuérniga e polo sur coa Mancomunidade Campoo-Cabuérniga e con Hermandad de Campoo de Suso.
Dentro do seu termo municipal áchanse as seguintes entidades de poboación:
- Bárcena Mayor, 75 hab., dos cales 14 viven diseminados
- Correpoco, 56 hab.
- Saja, 105 hab., con só 1 hab. fóra do casco da entidade.
- El Tojo, 64 hab., con 28 hab. no núcleo e 36 diseminados
- Los Tojos (capital), 112 hab., deles 10 dispersos.
| Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 |
| Partido | Votos |
% | Concelleiros |
| PP |
121 |
34,47 % |
3 |
| PRC |
105 |
29,91 |
2 |
| PSOE |
121 |
34,47 % |
2 |
- Alcalde electo: María Belén Ceballos de la Herrán (PP).
|
| Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 |
| Partido | Votos |
% | Concelleiros |
| PP |
214 |
54,73 |
4 |
| PRC |
86 |
21,99 % |
2 |
| PSOE |
86 |
21,99 % |
1 |
- Alcalde electo: María Belén Ceballos de la Herrán (PP).
|