El Astillero
Aparencia
| Epónimo | Royal Shipyard of Guarnizo (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
| Capital | El Astillero | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 18.448 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 6,4 km² | ||||
| Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
| Altitude | 20 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Carlos Cortina | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 39610 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 39008 | ||||
| Sitio web | astillero.com | ||||
El Astillero (Real Astillero de Guarnizo), é un municipio cántabro, situado á beira das rías de Solía, e a de El Carmen e a de Astillero (Baía de Santander).
Está situado entre os termos municipais de Camargo, ao que antigamente pertenceu El Astillero, Villaescusa, Piélagos, Medio Cudeyo e Marina de Cudeyo. Situado ao pé de Pena Cabarga, atópase a 7,5 quilómetros da capital da comunidade, Santander, e está a 20 metros de altitude sobre o nivel do mar.
A confluencia das rías e a costa da baía forma unha grande extensión de zonas húmidas onde aniñan durante todo o ano diversas aves migratorias. O municipio ten unha superficie de 6,80 km².
Con 17.632 habitantes (INE, 2008), este municipio é o sexto núcleo máis poboado de Cantabria.
