Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas : 43°14′23″N 3°56′16″O / 43.23972, -3.93778
Santiurde de Toranzo é un concello da comunidade autónoma de Cantabria , España . Limita polo norte con Santa María de Cayón , Castañeda e Puente Viesgo , polo sur con Vega de Pas e Luena , polo oeste con Corvera de Toranzo e polo leste con Villafufre e Villacarriedo . Atópase na comarca do Pas-Miera (ou Vales Pasiegos ) e polo seu territorio corre o río Pas .
Dentro do seu patrimonio artístico destacan tres Bens de interese cultural con categoría de monumento:
a igrexa de Santa Cecilia de Villasevil , que conserva unha ábsida románica ;
a igrexa parroquial da Asunción de Acereda ;
e a Torre de Villegas, en Villasevil.
Tamén hai un Ben de interese local, o Santuario de Nuestra Señora del Soto , en Iruz .
Un 18,7% da poboación activa do municipio emprégase no sector primario , un 20,1% na construción , un 21,9% na industria e un 39,3% no sector terciario . A taxa de actividade é do 43,3% e a taxa de paro é do 11,1%.
Fonte: INE
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente desde a última vez que se editou, que foi en maio de 2019.
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido
Votos
%
Concelleiros
PP
680
57,58 %
5
PRC
249
21,08 %
2
PSOE
236
19,98 %
2
Alcalde electo: Aniceto Pellón Rodríguez (PP ).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido
Votos
%
Concelleiros
PP
586
50,65 %
5
PRC
347
29,99 %
3
PSOE
218
18,84 %
1
Alcalde electo: Aniceto Pellón Rodríguez (PP ).