Saltar ao contido

Señorío de Biscaia

Señorío de Biscaia
Imaxe do escudo de armas
 Instancia de
 Parte de
 Cargo dirixente
Implicados
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1072 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1876 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/0zgbl18 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Señorío de Biscaia foi un señorío creado cara ao século XI que se mantivo na actual provincia de Biscaia ata o ano 1876, que foron derrogados os foros. Dependente do Reino de Castela pero con lexislación e goberno propios, o Señorío de Biscaia mantivo a organización tradicional que viña rexendo nesa terra brindando aos seus cidadáns un status propio e uns privilexios diferentes do resto das posesións de Castela.

Torre na elizate de Zamudio.

O ano 840 tropas cristiás do rei Afonso II ao mando do seu irmán o infante Ordoño reclaman a Biscaia os impostos non pagos (un boi, unha vaca e un cabalo branco). Os biscaíños néganse e enfróntanse na batalla de Padura ou Busturia, onde vencen e perseguen as tropas vencidas na súa fuxida ata o arbol gafo ou arbol malato situado en Luiaondo, Áraba, límite daquela de Biscaia. Onde deixan cravada unha espada. Desde entón Padura ou Busturia pasa a chamarse Arrigorriaga ("pedras encarnadas") debido a que pola crueza da batalla todas as pedras acabaron tinguidas de sangue. O propio infante Ordoño morreu nesa batalla e a súa tumba atópase na igrexa de Santa María Magdalena, en Arrigorriaga. Na loita destaca pola súa bravura entre os biscaíños o mozo nobre Lope Fortún, de Mundaca, fillo dunha princesa escocesa e dun nobre de Mundaka chamado "o culebro", Sugaar. Logo da batalla, os biscaíños aclaman este nobre, e en 888 noméano o seu señor, sendo o primeiro señor de Biscaia baixo o nome de "Señor Branco" (Jaun Zuria) debido a que era louro e de pel moi clara.

Tras a anexión do Condado de Castela por Sancho III de Navarra (1029), Biscaia foi gobernada por señores nomeados polos reis navarros.

O ano 1040, Iñigo López Ezquerra, señor navarro, gobernaba a Biscaia nuclear (sen Enkarterri nin Duranguesado). Nos enfrontamentos entre Castela e Navarra, declárase vasalo do rei de Castela, entregándolle Biscaia. En agradecemento é nomeado primeiro señor de Biscaia, título outorgado con carácter hereditario.

O título era herdado polos seus descendentes ata que, por herdanza materna, en 1370 recae no infante don Xoán de Castela, que herdou do seu pai o Reino de Castela, como Xoán I, permanecendo desde entón ligado á Coroa de Castela, sempre coa condición de que o señor de quenda xurase defender e manter os foros do señorío, senón, os biscaíños, polo menos en teoría, podían desobedecer o señor que así non o fixese.

Señorío

[editar | editar a fonte]

A Biscaia nuclear estaba formado pola:

En fases posteriores uníronselle:

As Vilas e a Cidade e as Encartacións só acudían ás Xuntas Xerais de Guernica cando se ían tratar temas comúns que lles afectasen.

Casa de Borgoña

[editar | editar a fonte]

Casa de Haro

[editar | editar a fonte]

A partir de aquí, o título queda ligado á coroa de Castela, e logo á de España; sendo ostentado actualmente polo Rei Xoán Carlos I.

Señor segundo a lenda

[editar | editar a fonte]
  • Jaun (Lope) Zuria, nado en Mundaca, fillo dunha princesa irlandesa, escocesa ou danesa fuxida da súa terra, ou dun normando e unha princesa de Mundaca, segundo diferentes lendas. Outra lenda di que é fillo de Sugar. Non se considera histórico (século X).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]