Ruesga
Ruesga | |||
---|---|---|---|
Igrexa de Ruesga. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | Cantabria | ||
Comarca | Asón-Agüera | ||
Xeografía | |||
Altitude | 136 msnm | ||
Superficie | 87,96 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1.060 hab. (2009) | ||
Densidade | 15,05 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 39815 | ||
Alcalde | Jesús Ramón Ochoa Ortiz (PRC) (2007) |
Coordenadas: 43°16′57″N 3°33′36″O / 43.28250, -3.56000 Ruesga é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España), situado na comarca de Asón-Agüera. O municipio divídese en dúas partes, a de menor extensión sitúase ao oeste do municipio de Arredondo, que se acha no medio.
É un val polo que discorre o río Asón e limita cos municipios cántabros de Solórzano e Voto, polo norte; Soba, polo sur; Rasines e Ramales de la Victoria, polo leste; e por último, Arredondo, Riotuerto e Entrambasaguas polo oeste.
Localidades[editar | editar a fonte]
Destaca tamén pola súa importancia no municipio o barrio de Lastras, pertencente á localidade de Ogarrio.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Ao ser unha zona de solo calcario, hai un gran número de covas e simas que son exploradas polos espeleólogos. Destaca especialmente neste campo Matienzo.

Entre todas a covas da zona destaca principalmente a cova da Redaña que é a segunda cova máis larga de Cantabria, con máis de 20 quilómetros, e forma parte do sistema de covas dos Catro Vales, que engloba os vales de Matienzo, Riaño, Llueva e Secadura.
Tamén hai que destacar o burato de Hoyo Masayo, que é unha depresión situada a 650 metros de altitude; a Torca de Bernallán, que é unha sima de 579 metros de profundidade e o polje de Matienzo que é unha depresión de algo máis dun quilómetro e está declarado Punto de Interese Xeolóxico, sendo un dos maiores de Europa.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Destacan tres bens de interese cultural, con categoría de zona arqueolóxica en Matienzo:
- Cova de “El Patatal”.
- Cova de “Cofresnedo”.
- Cova de “Los Emboscados”.
Ademais, o palacio dos Valle ou de Bárcena é un Ben inventariado.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.829 | 3.102 | 2.723 | 2.920 | 2.700 | 2.671 | 3.249 | 2.026 | 1.420 | 1.400 | 1.224 | 1.127 |
Fonte: INE
Administración[editar | editar a fonte]
Jesús Ramón Ochoa Ortiz (PRC) é o actual alcalde. Xa ostentaba o cargo de alcalde desde 1991, mais como representante do Partido Popular. Nas eleccións municipais do 2007 Jesús Ramón Ochoa decidiu presentarse como candidato polo PRC, xa que o PP non tiña el como candidato.[1]
|
|
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ruesga |