Valle de Villaverde
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria ![]() | ||||
Exclave de | Cantabria ![]() | ||||
Enclave en | Biscaia e País Vasco ![]() | ||||
Capital | Valle de Villaverde (en) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 252 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 19,5 km² ![]() | ||||
Altitude | 190 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Valle (en) ![]() ![]() | Pedro Luis María Llaguno Artolachipi ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39880 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39101 ![]() | ||||
Valle de Villaverde (oficialmente, até 2005 denominado Villaverde de Trucíos)[1] é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Asón-Agüera. Como enclave cántabro no País Vasco limita cos municipios biscaíños da comarca das Encartacións de Carranza, Arcentales e Trucíos.
Na parte meridional do municipio sitúase a fonte do río Agüera, cuxo val ten altitudes de máis de 400 metros. O municipio é atravesado de oeste a leste pola liña de ferrocarril FEVE Santander-Bilbao.
Localidades
[editar | editar a fonte]- La Altura
- Povedal
- El Campo
- La Capitana
- Los Hoyos
- La Iglesia
- Laiseca
- La Matanza (capital)
- Mollinedo
- Palacio
- Villanueva
Historia
[editar | editar a fonte]A área das Encartacións, onde se enclava Valle de Villaverde, estivo habitada en tempos prerromanos polos autrigones, non polos cántabros.[1]
O val foi adquirido a mediados do século XV por Pedro Fernández de Velasco, segundo conde de Haro, deixando de pertencer ao Señorío de Biscaia, ao que foran vinculando a comarca durante a Idade Media, o cal é o antecedente da actual situación como enclave cántabro no País Vasco. Durante o Trienio liberal e a creación dos municipios, o territorio recibiu o nome de Villaverde de Trucíos (en 2005 recuperou o nome de Valle de Villaverde). En 1833, ao producirse a división provincial, Villaverde, como antigo señorío, foi unido á provincia de réxime común máis próxima, Santander.[1]
A zona foi devastada durante a Terceira Guerra Carlista. En 1875 o val foi o escenario dunha batalla entre o exército, que pretendía tomar Valmaseda, e as milicias carlistas, que se saldou coa vitoria carlista. Poucos edificios sobreviviron.[1][2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Do patrimonio histórico artístico do municipio destaca a igrexa de Santa María, en ruínas debido ás batallas carlistas de 1875 que se produciron na zona e ao paulatino abandono posterior.[3]
Demografía
[editar | editar a fonte]1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
726 | 738 | 741 | 764 | 757 | 756 | 756 | 565 | 464 | 459 | 367 | 383 |
Fonte: INE
Política
[editar | editar a fonte]Ao igual que o Enclave de Treviño (un enclave burgalés situado en Álava), este territorio é reclamado por algúns partidos nacionalistas vascos como propio, aínda que o presidente da comunidade autónoma de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, e as forzas políticas maioritarias de Cantabria son totalmente opostos a cesión.
En 1979, durante a elaboración do Estatuto de Autonomía do País Vasco (o "estatuto de Guernica") os deputados nacionalistas vascos Xabier Arzalluz (PNV) e Juan María Bandrés (Euskadiko Ezkerra), afirmaron que o artigo 8 do estatuto, que prevía a agregación "á Comunidade Autónoma do País Vasco doutros territorios ou municipios que estiveran enclavados na súa totalidade dentro do territorio da mesma" redactárase para permitir a incorporación de Treviño a Álava e de Villaverde a Biscaia.[4]
Posteriormente, durante a década dos oitenta e principios da dos noventa, realizáronse varios intentos para integrar o concello en Biscaia. O 26 de setembro de 1986 seis dos sete concelleiros do municipio (tres socialistas, un do Partido Demócrata Popular, un de Coalición Popular e un do Partido Rexionalista de Cantabria), presidido por Piedad González (PSC-PSOE), acordaron solicitar a incorporación de Villaverde á comunidade autónoma do País Vasco e o abandono da de Cantabria.[5] A Deputación Foral de Biscaia apoiou a resolución municipal,[6] mais a Asemblea de Cantabria, en sesión plenaria celebrada o 20 de outubro do mesmo ano, rexeitou totalmente a petición.[7][8]
A oposición dos partidos políticos cántabros provocou que os seus representantes no municipio (como a alcaldesa, Piedad González) abandonasen as súas respectivas formacións.[9] Nas eleccións municipais de 1987, agrupacións de electores que apoiaban a incorporación a Biscaia obtiveron a maioría dos sufraxios,[10] repetindo González como alcaldesa, nesta ocasión á fronte da Agrupación Unitaria Independente. Con González ao mando, o pleno do concello do 30 de outubro de 1987 acordou solicitar a convocatoria dun referendo para acordar a integración en Biscaia.[8] Unicamente a Unión para o Progreso de Cantabria de Juan Hormaechea mostrara a súa non oposición a dita integración.[11] En 1988, o Consello de Ministros rexeitou tomar en consideración a solicitude para celebrar un referendo.[12] Este acordo do Consello de Ministros foi recorrido pola Deputación Foral de Biscaia e polo Concello de Villaverde de Trucios ante o Tribunal Supremo. As pretensións dos demandantes foron desestimadas en sendas sentenzas do 22 de xaneiro de 1993,[12] e do 24 de febreiro de 1997.[13]
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, Coalición por Europa obtivo 98 votos, PSOE 33 votos, PP 21 votos e Iniciativa Internacionalista 9 votos.
As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Valle de Villaverde: Historia, cantabria102municipios.com. Consultado o 9 de setembro de 2010.
- ↑ Valle de Villaverde - Patrimonio Civil, cantabria102municipios.com. Consultado o 9 de setembro de 2010.
- ↑ Valle de Villaverde - Patrimonio Relixioso, cantabria102municipios.com. Consultado o 9 de setembro de 2010.
- ↑ Partidos políticos no proceso autonómico de Castela e León. 1975 - 1983 Arquivado 24 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., de Mariano González Clavero (2002). Tese doutoral na Universidade de Valladolid, Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. p. 501. Consultado o 9 de setembro de 2010.
- ↑ Villaverde de Trucios presenta querela por calumnias contra o presidente rexional (por chamarlles traidores), El País, 2 de novembro de 1986.
- ↑ Referendum sobre o "traspaso" dun municipio cántabro a Biscaia, ABC, 2 de outubro de 1986
- ↑ "Boletín Oficial da Asemblea Rexional de Cantabria, 7 de xaneiro de 1988, número 3, páxina 17" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de marzo de 2012. Consultado o 08 de setembro de 2010.
- ↑ 8,0 8,1 Historia de Villaverde de Trucíos, Enciclopedia Dixital Ilustrada do País Vasco "Auñamendi"
- ↑ Villaverde de Trucios, unha "illa" santanderina en Biscaoa, El País, 2 de agosto de 1987.
- ↑ Eleccións municipais de maio de 1987 en Villaverde de Trucios Arquivado 01 de decembro de 2011 en Wayback Machine.. Ministerio do Interior
- ↑ Cantabria celebrará un pleno extraordinario sobre Villaverde, ABC, 1 de xaneiro de 1988.
- ↑ 12,0 12,1 O Supremo, contra a unión de Villaverde de Trucíos ao País Vasco, ABC, 23 de febreiro de 1993.
- ↑ Sinopse do Estatuto de Autonomía de Cantabria, na web da Constitución Española no Congreso dos Deputados.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valle de Villaverde ![]() |