Saltar ao contido

Alfoz de Lloredo

Alfoz de Lloredo
 Nome oficial
   Alfoz de Lloredo (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.500 (2025)
2.530 (2013)
2.514 (2012)
2.484 (2011)
2.493 (2010)
2.496 (2009)
2.502 (2008)
2.529 (2007)
2.560 (2006)
2.600 (2005)
2.590 (2004)
2.593 (2002)
2.590 (2001)
2.499 (2014)
2.485 (2015)
2.466 (2016)
2.446 (2017)
2.408 (2018)
2.416 (2019)
2.394 (2020)
2.437 (2021)
2.466 (2022)
2.471 (2023)
2.502 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   1.167 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.249 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   46,34 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   55 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal39526 Editar o valor en Wikidata
Código INE39001 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344278 Editar o valor en Wikidata
VIAF316735674 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02rs86q Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX4996158
Wikidata C:Commons

Alfoz de Lloredo é un concello costeiro da comunidade autónoma de Cantabria, España. O municipio está situado na comarca da costa occidental.

Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo sur con Udías, Cabezón de la Sal e Reocín, polo leste con Santillana del Mar e polo oeste con Ruiloba e Comillas. Alfoz de Lloredo está a unha distancia de 35 quilómetros da capital cántabra Santander, e a 12 km de Torrelavega.

Localidades

[editar | editar a fonte]

Os 2.502 habitantes (2008, INE) de Alfoz de LLoredo distribúense nas seguintes localidades:

  • La Busta, 92 hab.
  • Cigüenza, 89 hab.
  • Cóbreces, 613 hab.
  • Novales (Capital), 461 hab.
  • Oreña, 799 hab., cos barrios de Viallán (237 hab.), Bárcena (63 hab.), Torriente (50 hab.), San Roque (72 hab.), Perelada (74 hab.), Padruno (33 hab.), Caborredondo (216 hab.) e Carrastrada (52 hab.), máis dous habitantes diseminados.
  • Rudagüera, 339 hab., en tres barrios: Fresnedo (90 hab.), Lloredo (147 hab.) e San Pedro (102 hab.)
  • Toñanes, 109 hab.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

«Alfoz do Castrodouro» foi unha palabra popularizada logo do século X e ten como orixe a expresión árabe al-hawk, que significa «distrito», mentres que «Lloredo» é a forma montañesa para o loureiro; en suma, o nome significaría algo parecido a «distrito dos loureiros».

O territorio de Alfoz de Lloredo áchase sobre a Via Agripa, camiño costeiro de orixe romana que máis tarde se integraría no Camiño de Santiago costeiro (Camiño de Santiago do Norte] . Neste territorio pódense encontrar numerosas cavidades que deron refuxio a grupos humanos desde o Paleolítico até a Idade Media. Desta presenza atopáronse diversos útiles prehistóricos, ademais de arte rupestre.

Polo ano 1000, o concello formaba parte das Asturias de Santillana, e comprendía a metade dos concellos di chamado val de Alfoz, que xa as poboacións actuais. Segundo o Becerro de las Behetrías, en 1351 existían vínculos de dependencia entre as localidades do val e o dominio señorial do momento en la zona, aínda que os habitantes tiñan certa independencia que escoller ao seu señor coa única supervisión do Rei en aspectos de xustiza. Máis tarde, en 1444, o Almirante Diego Hurtado de Mendoza acabou con esta situación mediante un dominio total.

En 1581 produciuse o "Preito dos Vales", que puxo fin á dependencia señorial e restabeleceu o autogoberno local, co conseguinte dereito dos veciños de poder elixir os seus rexedores. Logo, Alfoz de Lloredo, intégrase na provincia dos Nueve Valles en 1759.

Desde o século XIX o vale irase dividindo até chegar a tres concellos: Comillas, Udías e o propio Alfoz de Lloredo, denominado Novales durante un tempo. O municipio pertenceu ao partido xudicial de San Vicente de la Barquera até que a principios do século XIX incluíuse no de Torrelavega.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701980199020002005
2.5442.8552.9003.1492.9903.1823.1462.9492.9192.8362.6142.600

Fonte: Instituto Nacional de Estadística

Administración

[editar | editar a fonte]

Enrique Bretones Palencia (PP) é o actual alcalde do municipio. No 2006, Félix Iglesias González (PRC) (alcalde electo nas eleccións municipais de 2003) dimitiu por discrepancias internas do partido. Deste xeito, Luis Alfonso González Llanillo (PSC-PSOE) foi elixido alcalde, e ocupou o cargo até as eleccións municipais de 2007, cando Enrique Bretones Palencia resultou vencedor de tales comicios. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas do 2003 e do 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PRC 950 49,66 % 7
PP 438 22,90 % 3
PSOE 137 7,16 % 1
  • Alcalde electo: Félix Iglesias González (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PP 767 42,00 % 6
PSOE 347 19,00 % 2
PRC 321 17,58 % 2
VDA 205 11,23 % 1
  • Alcalde electo: Enrique Bretones Palencia (PP).

Economía

[editar | editar a fonte]

Gandería e agricultura

[editar | editar a fonte]

O sector primario foi durante anos, ao igual que moitas outras partes de Cantabria, o medio de vida dos seus habitantes, mais debido a incorporación de España na Unión Europea, obsérvase certa decadencia. Cabe destacar que durante os meses de outono e inverno practícase o cultivo de algas na zona. O 29,9% da poboación activa emprégase no sector primario.

Industria

[editar | editar a fonte]

Existe certa influencia na zona, pola proximidade do núcleo industrial de Torrelavega. O 36,2% da poboación activa do municipio dedícase ao sector secundario.

Actualmente o 34% da poboación activa de Alfoz de Lloredo está no sector terciario. O turismo supón unha fonte de ingresos importante para o municipio. As praias, as paisaxes e monumentos, atraen o turismo da comunidade autónoma e do resto de provincias limítrofes.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

Dentro do patrimonio artístico e cultural de Alfoz de Lloredo destacan os seguintes bens de interese cultural de Cantabria:

  • Igrexa de San Martín, en Cigüenza, con categoría de monumento.
  • Cova de “Cualventi”, en Oreña, zona arqueolóxica.
  • Cova de “Las Aguas”, en Novales, zona arqueolóxica.
  • Cova de “El Linar”, en La Busta, zona arqueolóxica.

Ademais, está incluído como ben inventariado a igrexa parroquial de Novales.

Igrexa de San Martín, en Cigüenza.

Outros monumentos relixiosos:

Monumentos civís

[editar | editar a fonte]
Playa de Luaña, en Cóbreces.

Recursos naturais

[editar | editar a fonte]
  • Praia de Luaña (Bandeira Azul).
  • Arroio Toñanes.
  • Alto do Cildá.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Javier Ortiz Real: El Alfoz de Lloredo - Historia y Documentos del Desarrollo Histórico Institucional. Santander, 2007
  • Javier Ortiz Real: Inventario del Patrimonio Histórico Artístico del Alfoz de Lloredo. Santander, 1998
  • Javier Ortiz Real: Historia de Oreña. Santander, 1998

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]