Belize

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Belice - Belize»)
Modelo:Xeografía políticaBelize
Imaxe

HimnoLand of the Free (1981) Editar o valor em Wikidata

Lema«Under the shade I flourish» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRio Belize (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 17°06′N 88°42′O / 17.1, -88.7Coordenadas: 17°06′N 88°42′O / 17.1, -88.7
CapitalBelmopán Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación374.681 (2017) Editar o valor em Wikidata (16,31 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie22.966 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoDoyle's Delight (1.124 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación21 de setembro de 1981 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
Monarquía parlamentaria Editar o valor em Wikidata
• Monarca Editar o valor em WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Belize (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataJohnny Briceño (2020–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoNational Assembly (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal2.491.500.000 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar de Belize Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bz Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+501 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911 e 90 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísBZ Editar o valor em Wikidata

Páxina webbelize.gov.bz Editar o valor em Wikidata

Belize[1] é un pequeno país en América Central, ribeirego do mar Caribe, que linda con México ao norte e Guatemala ao oeste e ao sur. Está separada de Honduras polo golfo do mesmo nome ao leste, cunha distancia de 75 quilómetros no punto máis próximo entre as dúas nacións. Belize era anteriormente coñecida como Honduras Británica e o nome coloquial procede da Cidade de Belize (Belize City) e do río Belize. Cidade de Belize é a cidade máis grande do país, o porto principal e a súa antiga capital.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Algúns supoñen que a palabra "Belize" ten unha remota etimoloxía maia, outros atribúen o topónimo á importancia que cobrou no territorio un filibustero británico de apelido Wallis, o máis corroborable é que os mapas españois chamaban á zona A Baliza ou Baliza, moi probablemente por existir varias nas costas onde abundan os arrecifes e escollos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O norte de Belize consiste principalmente de chairas costeiras planas e pantanosas, densamente forestadas nalgúns lugares. Cara ao sur atópase a cadea montañosa baixa das Montañas Maya, das cales o punto máis alto en Belize é o Pico Vitoria a 1120 metros de altura. Belize atópase situada entre os ríos Hondo e Sarstoon, co río de Belize fluíndo no centro do país. Ao longo de toda a costa caribeña atópanse arrecifes de coral. Belize é o fogar da barreira de coral máis longa do hemisferio occidental e o segundo máis longo no mundo logo da gran barreira de coral.

O clima local é tropical e normalmente moi cálido e húmido. A tempada chuviosa dura desde maio ata novembro durante a cal perigos naturais como furacáns e inundacións son comúns.

Historia[editar | editar a fonte]

Belize foi parte do Imperio Maia que se estendía do sur de México ata Guatemala.

Os primeiros europeos que ingresaron no que hoxe é Belize foron españois, seguidos de leñadores ingleses. Estes chegaron no ano 1638. Xa no ano 1524 este territorio formaba parte do reino de Guatemala como parte da provincia da Verapaz, os piratas lograron penetrar nas selvas, enfrontándose aos indíxenas guatemaltecos que habitaban esas terras.

Á parte destes leñadores, piratas adoitaban parar nas illas e a costa do país. Foron eles quen introduciron africanos nesa rexión, como escravos. Os piratas ingleses e os escravos que traían, usaban as costas de Belize como base para posteriormente asaltar barcos españois. En 1821, ano da independencia da América central, o territorio pasou xuridicamente á soberanía das Provincias Unidas de Centro América pero na práctica Inglaterra ostentaba a soberanía. No ano 1670 o Tratado de Madrid puxo un alto á piratería, e os piratas, xa coñecidos como Baymen, dedicáronse a novos oficios. Guatemala asinou un tratado con Inglaterra para a cesión destes territorios, tratado irrespetado por Inglaterra que quedou sen efecto coa independencia de Belize. Guatemala recoñeceu a independencia en 1923 pero aínda considera partes de Belize como territorio propio.

En 1840 a rexión chegou a ser colonia inglesa e denominouse Honduras Británica ("British Honduras").

O 21 de setembro de 1981 consumouse a independencia de Belize por parte do Reino Unido.

Política[editar | editar a fonte]

Belize forma parte da Commonwealth de Nacións e o seu Xefe de Estado é o rei Carlos III, que está representado en Belize por un gobernador xeral.

Os primeiros grupos políticos en Belize comezaron en 1950 cando foi creado o PUP (People United Party). Este tiña como líderes a George Cadle Price, Leigh Richardson, e Phillip S.W. Goldson, homes que serían recoñecidos como líderes da independencia e heroes nacionais.

Hoxe os dous partidos políticos maioritarios son o PUP e o UDP (United Democratic Party). O UDP está no goberno dende as eleccións de 2008. O Primeiro Ministro do país é Dean Barrow.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Mapa de Belize cos distritos numerados

Belize está dividido en seis distritos:

  1. Distrito de Belize
  2. Distrito de Cayo
  3. Distrito de Corozal
  4. Distrito de Orange Walk
  5. Distrito de Stann Creek
  6. Distrito de Toledo

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Belize.

Exportacións: domésticas, azucre, produtos de xardinería, mollos concentrados de laranxa e toronja, produtos do mar, bananos e reexportacións.

Importacións: A principios da década dos oitenta, as exportacións anuais ascendían a 28,6 millóns de dólares e o custo das importacións a 545,3 millóns.

Industria: As grandes manufacturas elaboran alimentos, produtos da madeira e confección. O desenvolvemento turístico do país é moi recente e está fundamentalmente baseado na beleza incomparable das súas costas, practicamente virxes e no feito de formar parte do circuíto maya menos coñecido, pero non por isto de menor interese arqueolóxico e turístico. Podemos citar O Caracol, Lamanai, Altún Ha, Cahal Pech, Xunantunich etc.

Agricultura: O principal recurso económico é a agricultura, aínda que só unha pequena parte do territorio é cultivable.

Transporte: Unha rede de estradas de 3000 km enlaza os grandes centros urbanos, pero algunhas áreas quedan inaccesibles. A Cidade de Belize conta cun aeroporto internacional.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación entre 1961 e 2003.

O inglés é a lingua oficial de Belize (o país foi unha colonia británica). Pero a maioría dos belicenses utiliza o español, a lingua materna dos mestizos e inmigrantes centroamericanos. Estímase o número de falantes entre un 40% e o 45% do total.

Mirando cara ao autóctono, a maioría dos belizenses utilizan un idioma crioulo máis familiar, influído polo español e inglés, que é un piyin belicense. Outras minorías lingüísticas do país confórmanas o garífuna e o holandés-alemán.

Idiomas en Belize (acorde ao censo do 2000)
Idioma Falantes
maternos
Porcentaxe Usuarios
actuais
Porcentaxe
Alemán 6783 (3,3%) 6624 (3,2%)
Chinés 1607 (0,8%) 1529 (0,7%)
Crioulo 67 527 (32,9%) 75 822 (37,0%)
Español 94 422 (46,0%) 88 121 (43,0%)
Inglés 7946 (3,9%) 11 551 (5,6%)
Garífuna 6929 (3,4%) 4071 (2,0%)
Hindi 280 (0,1%) 193 (0,1%)
Maia Kekchi 10 142 (4,9%) 9314 (4,5%)
Maia Mopán 6909 (3,4%) 6093 (3,0%)
Maia Iucateco 1176 (0,6%) 613 (0,3%)
Outros / sen resposta 1402 (0,7%) 1192 (0,6%)

Segundo o censo realizado en 2003, Belize presenta un 46,4% de habitantes mestizos (descendentes de fillos de Maias e Europeos), un 27,7% de descendentes de africanos negros e mulatos (descendentes de fillos de africanos negros e europeos), un 10% de indíxenas maias e un 6,4% formado polos chamados garífunas (descendentes de fillos de africanos negros e maias), o 7,8% da poboación constitúeno a xente branca de ascendencia británica e española.

O que resta da poboación confórmano pequenas comunidades europeas, hindús, estadounidenses, chinesas e doutras nacionalidades do Extremo Oriente.

Cultura[editar | editar a fonte]

O Castelo de Xunantunich.

Os maias construíron impresionantes templos seguindo o movemento dos corpos celestes. Aínda que tecnicamente se tratase dunha cultura da Idade de Pedra, tamén desenvolveron sofisticados sistemas matemáticos e astronómicos ademais de calendarios para medir o tempo. Os españois edificaron sobrias igrexas de pedra, pero a arquitectura moderna baséase no estilo británico caribeño.

O idioma oficial de Belize é o inglés, pero os crioulos (o grupo étnico máis nutrido) falan xunto a este o seu propio dialecto. O español é a lingua máis utilizada no Norte e nalgúns pobos occidentais. Así mesmo existen minorías que se expresan en maia, chinés, alemán mennonita, libanés, árabe, hindi e garífuna (o idioma dos garinagu do distrito de Stann Creek).

A maioría da poboación profesa o catolicismo, e a influencia británica achegou unha considerable e variada congregación protestante, incluíndo mennonitas alemáns e suízos. A práctica maia do catolicismo caracterízase por unha fusión de xamanismo-animismo e rituais cristiáns.

Belize non desenvolveu nunca unha verdadeira cociña nacional. A súa gastronomía inspirouse na británica, estadounidense, mexicana e caribeña. Os seus ingredientes básicos son o arroz e as fabas, consumidos a miúdo con polo, porco, tenreira, peixe ou verdura; o leite de coco e os plátanos fritos engaden aos pratos un sabor xenuinamente tropical. As receitas exóticas tradicionais inclúen a carne de armadillo, veado e paca frita, un roedor de cor parda similar a un coelliño de indias.

Deporte[editar | editar a fonte]

Belize participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1968, e dende entón enviou deportistas para competir en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán, agás nos Xogos de 1980, onde colaborou no boicot liderado polos Estados Unidos. O país non logrou conseguir ningunha medalla.

A Selección de fútbol de Belize é controlada polo Federación de Fútbol, pertencente á CONCACAF.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para belizense.