Doyle's Delight
Aparencia
Coord.: 16°30′N 89°03′O / 16.5, -89.05
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Arthur Conan Doyle | |||
| Localización | ||||
| Continente | América do Norte e América | |||
| División administrativa | Belize | |||
| ||||
| Cordilleira | Montes Maia | |||
| Características | ||||
| Altitude | 1.124 m | |||
O monte Doyle’s Delight é, cunha altura de 1124 metros, a maior elevación montañosa de Belize, en América Central. Está situado no suroeste do país. Durante moito tempo o Pico Victoria foi considerado o cumio máis elevado de Belize, mais novas medicións mostraron que o Doyle's Delight era 4 metros máis alto. Como o Pico Vitoria, pertence aos Montes Maia, nos lindes entre as provincias de Toledo e Cayo.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome de Doyle’s Delight xurdiu en 1989, da expedición de Sharon Matola, a partir dunha cita do libro de Arthur Conan Doyle, The Lost World (O Mundo Perdido) de 1912, por analoxía do salvaxe e marabilloso nun país como aquel. O nome foi amplamente aceptado.
