Cidade de Belize

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cidade de Belize
Belize City
Belize City Montage.jpeg
Localización
Cidade de Belize en Belice
Cidade de Belize
Cidade de Belize
País Flag of Belize.svg Belize
Distrito Belize
Xeografía
Altitude 0 msnm
Superficie 35.667 km²
Demografía
Poboación 67,964
Densidade 1,900/km2
Xentilicio Belizense
Outros datos
Código postal non hai códigos postais no Belize
Alcalde Darrell Bradley
http://www.belizecitycouncil.org/

A Cidade de Belize é a cidade máis grande de Belize. Ten unha poboación de 67.964 habitantes (80.000 contando os suburbios fronterizos coa cidade). Atópase na boca do río Belize, na cosa do mar Caribe. A cidade é tamén o principal porto do país e seu centro industrial e financeiro.

A cidade foi derruída en 1961 polo furacán Hattie. Foi capital do estado ata 1970, cando esta mudouse por Belpomán.

Historia[editar | editar a fonte]

A Cidade de Belize (orixinalmente "Pobo de Belize" ou "Belize Town en inglés) foi fundada a mediados do século XVII por piratas e traficantes de escravos británicos. O emprazamento fora anteriormente unha pequena cidade maia chamada Holzuz, e era chamado polos españois como Puerto Valiz.

Belize era ideal para os británicos como centro da súa colonia, xa que atópabase na costa e na boca de ríos e regos dende onde embarcar a madeira de caoba e pau campeche. A poboación de Belize tamén se converteu no fogar de miles de escravos africanos mercados polos británicos para traballar na industria madereira. Belize foi o punto de coordinación para a batalla do Illote de San Xurxo no 1798, gañada polos británicos evitando a invasión española da colonia. A cidade tamén foi do fogar dos tribunais locais e dos funcionarios do goberno ata a década de 1970.

Na actualidade é gobernada pola licenciada Matilde Muñoz Valencia quen impulsou o desenvolvemento económica da cidade (pesca e turismo sobre todo) polo que grazas a iso logrou que a cidade comece a ser máis importante e recoñecida a nivel mundial.

Desastres naturais[editar | editar a fonte]

Estragos do furacán de 1931

Belize mellorou as súas infraestruturas lentamente e foi obxecto de numerosos proxectos. Non obstante, moitas das rúas da época colonial son aínda demasiado estreitas e conxestionadas, a maioría das casas son susceptíbeis de sufrir incendios e danos provocados polos furacáns, polo que a cidade sempre está agardando que suceda algunha catástrofe.

A Cidade de Belize foi devastada por dous furacáns dende 1900: un en 1931 e outro, o furacán Hattie, en 1961. Ademais varias zonas da cidade sufriron incendios: en 1999 un incendio en Albert Street reduciu a cinzas Mikado, e outro en 2004 acabou co edificio Paslow. A cidade viuse afectada por outros incendios que queimaron grandes grupos de casas, aínda que o Departamento de Incendios foi capaz de apagar a maioría de eles. A cidade tamén é susceptíbel de sufrir inundacións na estación chuviosa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Belize esténdese dende a Milla 8 na autoestrada do Oeste ata a Milla 13 ou Milla 14 da autoestrada do Norte, na ponte sobre o Haulever ou Haulever Bridge.

A cidade divídese en dúas zonas: o lado norte ou Northside, delimitada polo rego de Haulever ou Haulever Creek e chegando cara o leste ata a zona de Fort George; e o lado sur ou Southside, que se estende cara as aforas da cidade e a zona portuaria e inclúe o centro urbano. Politicamente, a cidade divídese en dez distritos electorais.

A zona de Fort George é, talvez, a zona máis colonial da cidade e nela atópanse o Memorial Park, a tumba do barón Bliss ou Baron Bliss Grave e o Museo de Belize.

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Cidade de Belize
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 27 28 29 30 31 31 31 31 31 30 28 27 29,5
Media mínima en °C 19 21 22 23 24 24 24 24 23 22 20 20 22,2
Precipitación media mm 137 61 38 56 109 196 234 263 278 305 90 185 1 952
Fonte: BBC Weather[1]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Average Conditions: Belize City, Belize". Arquivado dende o orixinal o 2006-02-12.