Dean Barrow
Dean Barrow | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de marzo de 1951 |
Cidade de Belize | |
Nacionalidade | Belize |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | University of Miami School of Law e Universidade de Miami |
Ocupación | político e avogado |
Cónxuxe | Kim Simplis Barrow |
Fillos | Shyne |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Dean Oliver Barrow, nado en Cidade de Belize en 1951, é un avogado e político belizense, actual primeiro ministro de Belize. É tamén o líder do Partido Demócrata Unido (UDP). Un avogado de carreira, traballou como ministro de Relacións Exteriores dende 1993 a 1998 e foi o líder da oposición dende 1998 até que a UDP gañou en febreiro de 2008. Barrow comezou o seu primeiro termo como primeiro ministro en 2008, e empezou o seu segundo termo en 2012. Comezou o seu terceiro termo ó gañar nas eleccións do 4 de novembro de 2015.
Carreira legal[editar | editar a fonte]
Barrow é un dos avogados exitosos de Belize e apareceu en varios casos de alto perfil. Comezou o seu traballo legal na compañía de avogados do tío Dean Lindo en 1973 e fíxose socio alí en 1977. Eventualmente formou o seu propio bufete de avogados, Barrow e Williams (con Rodwell Williams) até que deixou o seu cargo antes do 2008. Entre os clientes máis controvertidos da súa firma está Lord Ashcroft e os negocios cos que está conectado, particularmente o Belize Bank e, nalgún momento, Belize Telemedia Limited, anteriormente Belize Telecommunications Limited.
Vida privada[editar | editar a fonte]
Ten catro fillos, sendo o maior deles o rapeiro "Shyne" Barrow. Barrow está divorciado da tamén avogada Lois Young.[1]