Golfo de Honduras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Golfo de Honduras
Golfo de Honduras, no centro do mapa

O golfo de Honduras é un accidente xeográfico situado no mar Caribe no litoral de Belize, Guatemala e Honduras. De norte a sur, esténdese uns 200 km dende Dangriga (Belize) até La Ceiba (Honduras).

O interior do Golfo está bordeado pola Barreira de Coral de Belize, que forma a parte sur do Sistema Arrecifal Mesoamericano, dunha lonxitude total de 900 km, o segundo maior sistema de arrecifes de coral do mundo, trala Gran Barreira de Coral, en Australia.

No golfo verten augas 12 ríos cun caudal medio estimado de 1.232 por segundo. Entre estes ríos están o: Moho, Sarstún, Río Dulce, Motagua e Ulúa. O lago de Izabal, en Guatemala, encóntrase ligado ao golfo por un canal estreito.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.