Escudo de Belize
Escudo de Belize | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Belize |
Adoptado | 1981 |
Divisa | "Sub Umbra Floreo" (Baixo a sombra eu florezo) |
Versións anteriores |
O escudo de Belize data do ano 1981, ano da independencia, aínda que é moi semellante á versión anterior, adoptada en 1967, á que se engadiu a coroa de follas exterior e a terraza de vexetación baixo os dous tenantes e fíxose máis grande a árbore que timbra o escudo. O escudo colonial orixinario de Honduras Británica, que xa era terzado e incluía o barco e os símbolos da industria da madeira, data de 1819 e cambiouse significativamente en 1907 e en 1967 até adoptar a forma actual.
Os diversos motivos representados no escudo fan referencia a un aspecto importante da historia de Belize, a industria da caoba, que formou a base da economía do país nos séculos XVIII e XIX.
O escudo forma parte tamén da bandeira estatal, onde se sitúa na parte central.
Brasón
[editar | editar a fonte]Escudo terzado en perla: o primeiro, de prata, un remo e unha machada cadrada ó natural pasados en aspa; o segundo, de ouro, unha serra e unha machada triangular tamén ó natural e pasadas en aspa; o terceiro, de cor celeste, un barco ó natural navegando sobre un pé ondulado de azur sobre dúas faixas de sinople e ouro.
Por timbre, unha árbore de caoba ó natural. Como tenantes: á dereita, un leñador mestizo ó natural, con pantalóns de prata, que leva unha machada na man dereita; á esquerda, un leñador negro ó natural, tamén con pantalóns de prata, que leva un remo na man esquerda; ambos sobre unha terraza de sinople ó natural.[1]
Baixo o escudo, unha cinta de prata co lema nacional en latín: "Sub umbra floreo" (Baixo a sombra eu florezo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arms of BELIZE - Heraldry of the World. Consultado o 10 de maio de 2012.