Cadoalla, Becerreá
Aparencia
Cadoalla | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Cadoalla | |
Concello | Becerreá[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°51′56″N 7°10′23″O / 42.86555556, -7.17305556 |
Poboación | 55 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Cadoalla é unha parroquia que se localiza no concello de Becerreá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 80 habitantes (41 mulleres e 39 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 86 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 64 habitantes, sendo 32 homes e 32 mulleres.
Nesta parroquia, a carón da N-VI e da autovía A-6, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.
-
Igrexa de San Pedro de Cadoalla
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cadoalla
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cadoalla no concello de Becerreá (Lugo) | |
---|---|
Cadoalla | Carballín | O Castelo | Ribas | Saa | Santa Isabel |
Parroquias de Becerreá
[editar | editar a fonte]Notas
Este artigo sobre parroquias de Lugo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |