Cera perdida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoiaría mesoamericana en ouro fabricada por medio do molde á cera perdida no Metropolitan Museum of Art, en Nova York.

cera perdida, fundición á cera perdida ou baleirado á cera perdida é un procedemento escultórico que permite obter figuras de metal (xeralmente bronce e ouro) por medio dun molde que se elabora a partir dun prototipo tradicionalmente modelado en cera de abella. Esta tecnoloxía foi desenvolvida na Antigüidade de maneira independente e paralela polos sumerios, indios, chineses, mesoamericanos e incas, a cal foi adoptada por civilizacións contemporáneas ou posteriores.

Para a fabricación de obxectos coa técnica de cera perdida, utilízase un modelo en cera. Este modelo previo é rodeado dunha grosa capa de material refractario que se solidifica; unha vez endurecido, métese nun forno, que derrite a figura de cera, saíndo esta por uns orificios creados ao efecto (de aí a súa denominación) e, no seu lugar, inxéctase o metal fundido, que adopta a forma exacta do modelo. Para extraer a figura é preciso retirar o molde.

A principal vantaxe deste procedemento é a estreita tolerancia dimensional, a cal non pode conseguirse mediante outros procesos. É posible conseguir dimensións axustadas de 0,002 mm por mm. É un proceso no que é preciso controlar numerosas variables, pero co cal se obtén un bo acabado superficial.

Esta forma de traballar o metal (bronce), require un longo, custoso e complicado proceso xunto cunha perfecta e axeitada combinación de diversos oficios: para o proxecto xeral e a coordinación, os escultores; para os primeiros pasos, os moldeadores; para o labor de enfornado, os fundidores e para o acabado, os cinceladores e patinadores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rodríguez, Carlos Armando (1992). Instituto Vallecaucana de investigaciones científicas INCIVA, Fundación hispanoamericana de Cali, Embajada de España en Colombia, ed. Tras las huellas del hombre prehispánico y su cultura en el valle del Cauca. Cali. 
  • Bronce dorado en El Escorial, Año 2014, Editor Las cocheras del Rey. Autor Manuel Rincón Álvarez