Antonio Riberi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1897 Mónaco |
Morte | 16 de decembro de 1967 (70 anos) Roma, Italia |
Cardeal | |
26 de xuño de 1967 – | |
Núncio apostólico em Espanha (pt) | |
28 de abril de 1962 – 26 de xuño de 1967 | |
Núncio apostólico na Irlanda (pt) | |
19 de febreiro de 1959 – | |
Apostolic Nuncio to the Republic of China (en) | |
6 de xullo de 1946 – 1951 | |
Arcebispo católico | |
28 de outubro de 1934 – | |
Arcebispo titular | |
13 de agosto de 1934 – Diocese: Dara (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana Academia Pontificia Eclesiástica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1922–), teólogo |
Consagración | Pietro Fumasoni Biondi |
Antonio Riberi, nado o 15 de xuño de 1897 en Monte Carlo (Mónaco) e finado o 16 de decembro de 1967 en Roma, foi un bispo católico e cardeal que serviu como nuncio na China, España e Irlanda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Riberi estudou no seminario de Cuneo, Italia, e na Universidade Pontificia Gregoriana e na Academia Pontificia Eclesiástica de Roma, onde recibiu a ordenación como sacerdote o 29 de xuño de 1922. Prolongou os seus estudos até 1925 no Instituto de Ciencias Sociais de Bérgamo. Entre 1925 e 1930, Riberi traballou como adxunto e secretario na nunciatura boliviana.
O 13 de agosto de 1934 foi nomeado Arcebispo Titular de Dara, e recibiu a consagración episcopal o 28 de outubro de mans do cardeal Pietro Fumasoni Biondi, cos arcebispos Giuseppe Pizzardo e Carlo Salotti como co-consagradores. Riberi foi máis tarde nomeado Delegado Apostólico para as misións africanas dependentes da Sagrada Congregación para a Propagación da Fe o 4 de novembro do mesmo ano, residindo en Mombasa, Kenya. Entre 1939 e 1946 dirixiu o servizo da Santa Sé para a asistencia dos prisioneiros de guerra e soldados feridos da segunda guerra mundial.
Nuncio
[editar | editar a fonte]Foi nomeado nuncio para a China o 6 de xullo de 1946. Unha das súas primeiras medidas foi promover a presenza da Lexión de María na China, xa que na súa etapa en África coñecera a Edel Quinn e comprobara o éxito da súa actividade evanxelizadora.
Sobre as peticións do Partido Comunista da China dunha igrexa católica independente nese país, declarou en 1951 que:
A relixión católica foi establecida polo mesmo Xesús Cristo, chegando até nos polos Apóstolos como unha, santa e católica; un só corpo, como o corpo humano, co representante de Xesús —o Santo Pai— como a súa cabeza, é suprapolítica, indivisible por fronteiras nacionais ou por diferenzas políticas. Esta é a verdadeira natureza da Igrexa Católica, e mutilar esta natureza é deixar de ser católico. Disto séguese, xa que logo, que os católicos de calquera rexión que por circunstancias particulares sepáranse a vontade da Santa Sé, sepáranse tamén de Xesús e da Igrexa Católica. Calquera igrexa chamada a si mesma "igrexa católica nacional", nun sentido exclusivo, é simplemente unha igrexa cismática, e non a verdadeira e única Igrexa Católica.[1]
En setembro dese ano foi expulsado da China polo réxime comunista acusado de "actividades de espionaxe". Foi nomeado nuncio para Irlanda o 19 de febreiro de 1959, e para España o 28 de abril de 1962. Entre 1962 e 1965, participou no Concilio Vaticano Segundo.
Cardealato e morte
[editar | editar a fonte]Foi creado Cardeal-Presbítero de S. Girolamo della Carità polo papa Paulo VI no consistorio do 26 de xuño de 1967, mais finou poucos meses despois en Roma, con 70 anos de idade. Está enterrado no panteón familiar en Limone Piemonte.
Sucesión apostólica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Sucesión apostólica.
- Antonio Riberi (1934)
- Pietro Fumasoni (1916)
- Domenico Serafini (1900)
- Serafino Vannutelli (1869)
- Constantino Patrizi Naro (1828)
- Carlo Odescalchi (1823)
- Giulio Maria della Somaglia (1788)
- Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777)
- Marcantonio Colonna (1762)
- Carlo della Torre Rezzonico (1743)
- Prospero Lorenzo Lambertini (1724)
- Pietro Francesco Orsini (1675)
- Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666)
- Ulderico Carpegna (1630)
- Luigi Caetani (1622)
- Ludivico Ludovisi (1621)
- Galeazzo Sanvitale (1604)
- Girolamo Bernerio (1586)
- Giulio Antonio Santorio (1566)
- Scipione Rebiba (1541)
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ MARIANI, Paul P. (2011). Harvard University Press, ed. Church Militant: Bishop Kung and Catholic Resistance in Communist Shanghai. p. 57. ISBN 9780674063174.
The Catholic religion was established by Jesus Christ Himself, coming down to us from the Apostles, one, holy and Catholic; one body, like unto the human body, with Jesus' own representative —the Holy Father— as its head, it is super-political, indivisible by national boundaries or political differences. This is the very nature of the Catholic Church, and to mutilate this nature is to cease to be Catholic. It follows, therefore, that Catholics of any district who because of particular circumstances willingly separate themselves from the Holy See, also separate themselves from Jesus and from the Catholic Church. Any so-called "national Catholic church", in an exclusive sense, is simply a schismatic church, and not the true and one Catholic Church.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Arthur Hinsley |
Delegado apostólico para as misións de África 1934 – 1945 |
Sucesor: David Mathew Delegado apostólico para a África Británica Oriental e Occidental |
Predecesor: Mario Zanin |
Internuncio apostólico para China 1946 - 1959 |
Sucesor: Giuseppe Caprio |
Predecesor: Mario Zanin |
Internuncio apostólico para China 1946 - 1959 |
Sucesor: Giuseppe Caprio |
Predecesor: Albert Levame |
Nuncio apostólico para Irlanda 1959 - 1962 |
Sucesor: Giuseppe Maria Sensi |
Predecesor: Ildebrando Antoniutti |
Nuncio apostólico para España 1962 - 1967 |
Sucesor: Luigi Dadaglio |
Predecesor: Giulio Bevilacqua |
Cardeal-Presbíero de San Girolamo della Carità 1967 |
Sucesor: Paolo Bertoli |