Bispo titular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bispo titular, bispo de anel ou bispo sen bispado, na Igrexa católica, é o bispo ao que lle foi outorgada a responsabilidade dunha titular, normalmente unha diocese histórica que hoxe existe apenas como título honorífico.

Publicación das designacións[editar | editar a fonte]

A designación destas titularidades recóllese en dúas publicacións que edita anualmente o Vaticano: o Annuario Pontificio e a Acta Apostolicae Sedis ‒ Commentarium Officiale.

Tipos de bispos titulares[editar | editar a fonte]

  • Os bispos eméritos, aqueles bispos diocesanos que, por razóns de saúde ou por cumprir o límite de idade ou por outros motivos, presentasen a súa renuncia ao seu cargo, aceptada polo Sumo Pontífice, ata 1970 estes bispos recibiron o título; dunha diocese extinta ou suprimida; por decisión do papa Paulo VI, conservan o título da diocese á que renunciaron.
  • Os bispos coadxutores e os bispos auxiliares, aqueles prelados que colaboran co bispo diocesano e están canonicamente subordinados a el. Asígnaselles aos bispos auxiliares o título de diocese extinta ou suprimida, mentres que aos bispos coadxutores, por decisión do Papa. Paulo VI en 1976, teñen o título da diocese á que están destinados.

Sés titulares de orixe galega[editar | editar a fonte]

Existiron dioceses galegas que foron abandonadas, integradas ou desprazadas ao longo da historia. Iria Flavia foi trasladada o 5 de decembro de 1095 a Santiago de Compostela, Bretroña desapareceu en 716 e a diocese de Dumio foi integrada no bispado de Mondoñedo no ano 1114. As tres contan con bispos de anel na actualidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]