Arquidiocese católica latina de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquidiocese de Madrid
Archidioecesis Matritensis
Escudo
Almudena Vista del norte1.jpg
Datos xerais
Erixida7 de marzo de 1885
LocalizaciónEspaña
SufragáneasAlcalá de Henares, Xetafe
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

3 359 000 (89,7)
3 746 000
Parroquias476
Información
Igrexa particularIgrexa Católica Latina
RitosRomano, minoritariamente hispano-mozárabe
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo metropolitanoCarlos Osoro Sierra
Outros datos
Páxina webwww.archimadrid.es

A arquidiocese de Madrid (en latín: Archidioecesis Matritensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 contaba con 3 359 000 bautizados sobre unha poboación total de 3 746 000 habitantes. O seu arcebispo dende 2014 é Carlos Osoro Sierra.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquidiocese abrangue parte da Comunidade de Madrid. A sé arcebispal é a cidade de Madrid, onde está a Catedral da Almudena. O territorio está organizado en 476 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

O 7 de marzo de 1885 foi erixida a diocese de Madrid e Alcalá de Henares, en territorios da arquidiocese de Toledo. No mesmo ano foi creado o seminario diocesano, baixo a advocación de san Boaventura.

O 25 de marzo de 1964 foi elevada ao rango de arquidiocese coa bula Romanorum Pontificum do papa Paulo VI, e mudou o seu nome polo de arquidiocese de Madrid.

O 23 de xullo de 1991, coa bula Cum Venerabilis Frater do papa Xoán Paulo II, cedeu parte dos seus territorios para erixir as dioceses de Alcalá de Henares e de Xetafe, e ao mesmo tempo foi elevada ao rango de sé metropolitana.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Bispos de Madrid e Alcalá de Henares
Arcebispos de Madrid
Arcebispos Metropolitanos de Madrid

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]