Ricardo Blázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Blázquez Pérez
Ricardo Blázquez en su toma de posesión en Valladolid.jpg
Mons. Blázquez en su toma de posesión en Valladolid.
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento13 de abril de 1942 (78 anos) en Villanueva del Campillo, provincia de Ávila
Ordes
Ordenación sacerdotal18 de febreiro de 1967, por Santos Moro Briz
Consagración episcopal29 de maio de 1988, por Antonio María Rouco Varela
Arcebispo metropolitano de Valladolid
Cardeal-Presbítero de Santa Maria in Vallicella
2010 - actualidade
PredecesorBraulio Rodríguez Plaza
Outros
Coat of arms of Ricardo Blazquez Perez.svg
Escudo de Ricardo Blázquez
Ficha en catholic-hierarchy.org

Ricardo Blázquez Pérez, nado en Villanueva del Campillo (Ávila) o 13 de abril de 1942, e un eclesiástico católico castelán, actualmente arcebispo metropolitano de Valladolid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote da diocese de Ávila o 18 de febreiro de 1967 polo seu bispo, Santos Moro Briz.

O 8 de abril de 1988 foi nomeado bispo titular de Germa in Galatia e bispo auxiliar de Santiago de Compostela, cando a arquidiocese estaba gobernada por Antonio María Rouco Varela. Recibiu a ordenación episcopal o 29 de maio, de mans do mesmo arcebispo, sendo os co-consagradores principais o arcebispo de Madrid Ángel Suquía e o nuncio apostólico Mario Tagliaferri.

O 29 de maio de 1992 foi nomeado bispo de Palencia. O 8 de setembro de 1995 foi nomeado bispo de Bilbao. Como bispo de Bilbao consagrou como bispos aos auxiliares Carmelo Echenagusia, en 1995, e Mario Iceta, en 2008. O 13 de marzo de 2010 foi nomeado arcebispo metropolitano de Valladolid. En 2014 foi elixido para suceder ao cardeal Rouco á fronte da Conferencia Episcopal Española.

O 27 de xuño de 2015 Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nomina di Membri della Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0513). 27 de xuño de 2015. Il Santo Padre Francesco ha nominato Membri della Congregazione per le Chiese Orientali [...] Ricardo Blázquez Pérez [...] 
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Nicolás Castellanos
 Bispo de Palencia 
1992 - 1995
Sucesor:
Rafael Palmero Ramos
Predecesor:
Luis María de Larrea Legarreta
 Bispo de Bilbao 
1995 - 2010
Sucesor:
Mario Iceta
Predecesor:
Braulio Rodríguez Plaza
 Arcebispo de Valladolid 
2010 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)
Predecesor:
Antonio María Rouco Varela
 Presidente da Conferencia Episcopal Española 
2005 - 2008
Sucesor:
Antonio María Rouco Varela
Predecesor:
Antonio María Rouco Varela
 Presidente da Conferencia Episcopal Española 
2014 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)