Ángel Suquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel Suquía Goicoechea
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 2 de outubro de 1916 en Zaldibia, Guipúscoa
Pasamento 13 de xullo de 2006 en Donostia, Guipúscoa
Ordes
Ordenación sacerdotal 7 de xullo de 1940
Consagración episcopal 16 de xullo de 1966, por Antonio Riberi
Creado cardeal 25 de maio de 1985
Arcebispo de Madrid
Cardeal-Presbítero de Gran Mare di Dio
1983 - 1994
Predecesor Vicente Tarancón
Sucesor Antonio María Rouco Varela
Cargos anteriores Arcebispo de Santiago de Compostela (1973-1983)
Bispo de Málaga (1969-1973)
Bispo de Almería (1966-1969)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Ángel Suquía Goicoechea nado en Zaldibia, Guipúscoa, o 2 de outubro de 1916, e finado en Donostia o 13 de xullo de 2006, foi un sacerdote de España, Cardeal e Arcebispo de Madrid, diocese na cal mantivo o cargo como emérito. Era Doutor en Teoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e presbiterado[editar | editar a fonte]

Recibiu a súa formación relixiosa, primeiro no seminario menor de Mutriku (Guipúscoa) e despois no seminario de Vitoria. Foi ordenado sacerdote en 1940, tras regresar precipitadamente da Alemaña ao estalar a Segunda guerra mundial, onde estaba estudando.

Dende 1941 foi membro activo da Acción Católica. No 1946 viaxou á Pontificia Universidade Gregoriana en Roma, doutorándose en 1949. No 1951 foi nomeado profesor do seminario vitoriano onde estudara, chegando á reitoría no 1955.

Bispo de Almería[editar | editar a fonte]

O 17 de maio de 1966 foi nomeado bispo da diocese de Almería, recibindo a ordenación episcopal o 16 de xullo do mesmo ano. Durante o seu período á cabeza da diocese andaliza, estabeleceu o primeiro consello presbiteral da diocese e restruturou o seminario, trasladándoo á cidade de Granada e adscribíndoo á Facultade de Teoloxía da Compañía de Xesús.

Bispo de Málaga[editar | editar a fonte]

En 1969 foi trasladado á diocese de Málaga. A súa etapa comezou coa toma de posesión da sé o 24 de xaneiro do ano seguinte, e caracterizouse por un amplo traballo pastoral, visitando a totalidade de parroquias da diocese, e visitando asemade ao sacerdotes malagueños que exercían en Venezuela.

Arcebispo de Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]

En 1973 foi trasladado novamente, nesta ocasión á arquidiocese de Santiago de Compostela.

Arcebispo de Madrid e cardeal[editar | editar a fonte]

En 1983 foi nomeado bispo de Madrid-Alcalá, recibindo o cardealado en 1985. Foi presidente da Conferencia Episcopal Española de 1987 a 1993. No 1986 foi elixido membro da Real Academia da Historia de España e relacionouse, aínda que non era membro, co Opus Dei coa ocasión do proceso de canonización do seu fundador, Josemaría Escrivá de Balaguer,[1] en cuxa causa canónica participou de oficio[2].

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • El cristiano ante una sociedad conflictiva. Edit. Palabra. Madrid, 2002. ISBN 84-7118-796-5
  • Seguir a Cristo hoy: discursos y conferencias. Encuentro, D.L. Madrid, 1992. ISBN 84-7490-294-0
  • Juan Pablo II y el hombre. Editorial Católica. Madrid, 1979. ISBN 84-220-0920-X

Sucesión apostólica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Sucesión apostólica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario La Vanguardia, edición impresa de 16 de decembro de 1988.
  2. Cronoloxía da canonización de Monseñor Escrivá de Balaguer na páxina oficial da Santa Sé

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Alfonso Ródenas García
Bispo de Almería
1966 - 1969
Sucesor:
Manuel Casares Hervás
Predecesor:
Emilio Benavent Escuín
Bispo de Málaga
novembro de 1969 - abril de 1973
Sucesor:
Ramón Buxarrais Ventura
Predecesor:
Fernando Quiroga y Palacios
Arcebispo de Santiago de Compostela
abril de 1973 - abril de 1983
Sucesor:
Antonio María Rouco Varela
Predecesor:
Vicente Enrique y Tarancón
Arcebispo de Madrid
abril de 1983 - jullo de 1994
Sucesor:
Antonio María Rouco Varela
Predecesor:
Gabino Díaz Merchán
Presidente da Conferencia Episcopal Española
1987 - 1993
Sucesor:
Elías Yanes Álvarez