Vela nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo olímpico da vela.

A vela é un deporte que forma parte do programa oficial olímpico dende os Xogos Olímpicos de 1900 realizados en París (Francia). Ausente na edición de 1904 disputada en Saint Louis (nos Estados Unidos de América), a partir daquel momento sempre formou parte da competición.

Ao longo dos anos foi cambiando o formato das probas así como as clases de embarcacións que formaron parte do programa. O programa olímpico de vela inclúe eventos masculinos, femininos e mixtos. Os grandes dominadores deste deporte son o Reino Unido, os Estados Unidos de América, Noruega, España e Francia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]