Saltos nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo olímpico dos saltos.

Os saltos son un deporte que debutou nos Xogos Olímpicos de verán en 1904, edición celebrada en Saint Louis (nos Estados Unidos de América). Esta disciplina acuática, xunto con natación, natación sincronizada e o wáter-polo son supervisadas pola Federación Internacional de Natación (FINA).

Historia[editar | editar a fonte]

Na edición de 1904, a competición comezou con dúas probas masculinas, e en 1908 cambiouse a categoría de salto de lonxitude pola de plataforma. A competición feminina debutou na edición de 1912 cunha única competición en plataforma, introducíndose a competición en trampolín na edición de 1920.

Na edición de 2000 en Sydney introduciuse a competición en saltos sincronizados.

Os grandes dominadores ao longo da historia neste deporte son os Estados Unidos de América e a China (que iniciou a súa competición no ano 1984).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]