Hóckey sobre herba nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo olímpico do hóckey sobre herba.

O hóckey sobre herba é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende a edición de 1908 disputada en Londres (no Reino Unido). Ao longo da historia dos Xogos Olímpicos non estivo presente nas edicións de 1912 e 1924 (por mor da creación da Federación Internacional de Hóckey). A primeira competición en categoría feminina foi nos Xogos Olímpicos de 1980 disputados en Moscova (na Unión Soviética).

Ao longo da historia desta competición o gran dominador deste deporte foi a selección da India e Paquistán, se ben nos últimos anos salientan Australia, os Países Baixos e Alemaña. En categoría feminina as grandes dominadoras son Australia e os Países Baixos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]