Toxos Outos, Lousame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°48′42″N 08°49′11″O / 42.81167, -8.81972

Toxos Outos
Fervenza San Xusto de Toxos Outos, Lousame.jpg
Fervenza San Xusto de Toxos Outos.
ConcelloLousame[1]
ProvinciaA Coruña
Poboación162 hab. (2020)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xusto de Toxos Outos é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 162 habitantes (79 homes e 83 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada ao norte do concello. Limita ao norte con Brión, ao sur con Lesende e Vilacova, ao oeste con Noia e ao leste con Rois. As zonas máis baixas da parroquia están a uns 200 m, e os cumios máis altos son o monte Costoira e Pena de Ferro (532 m). A parroquia sitúase no val do río San Xusto, que nace a 430 m de altitude, máis arriba de Fontefría, preto de Sabugueiro e Bargo.

Destaca o monte baixo e o cultivo de prados, favorecido pola importancia da gandería. Está atravesada pola estrada AC-543 que une Noia e Santiago de Compostela.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia atópanse os restos do mosteiro de Toxos Outos, de grande importancia na idade media. A carón del, está a igrexa parroquial.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Toxos Outos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Toxos Outos no concello de Lousame (A Coruña)

Bargo | Cedofeito | Fontefría | O Madeiro | O Sabugueiro | San Xusto

Parroquias de Lousame[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Lousame

Camboño (San Xoán) | Fruíme (San Martiño) | Lesende (San Martiño) | Lousame (San Xoán) | Tállara (San Pedro) | Toxos Outos (San Xusto) | Vilacova (Santa Eulalia)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]