Ólisbos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ólisbos foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1986 e 1997.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Os amantes da palabra, apareceu en xuño 1986. Foi unha revista literaria estudantil promovida e editada pola asociación cultural Ólisbos, vinculada á Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela que apareceu en marzo de 1986. Sen periodicidade fixa, era unha revista bilingüe que tiña unha orientación plural. Estivo dirixida por Olga Novo.

Contou con seccións fixas, e ademais cada número está destinado a unha monografía. Entre outras as dedicadas á tradución, anarquía e á creación literaria e gráfica. Entre os seus colaboradores figuraron Laureano Araujo, Carmen Blanco, Darío Xohán Cabana, Yolanda Castaño, Alfredo Conde, María Lopo, Ígor Lugrís, Carlos Negro, Chus Nogueira, Uxío Novoneyra, Chus Pato, Milagros Polo, Claudio Rodríguez Fer, Suso de Toro, Torres Queiruga e Luísa Villalta.

Editou dezanove números, cesando a súa publicación en 1997. En 2007 foi substituída por Nova Ólisbos[1].

Notas[editar | editar a fonte]