Esopo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Así pintou Diego Velázquez ó fabulista Esopo.

Esopo (Αἴσωπος) era un escravo que viviu entre o 620 e o 560 a.C. na Antiga Grecia, fíxose famoso polas súas pequenas historias de animais, cada unha cun propósito moral. As súas fábulas reuniunas Demetrio de Falero no 325 a.C.

Todo o que coñecemos del provén de Heródoto. Orixinario de Tracia, vivía en Samos no século VI a.C.

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Esopo foi recompilada primeiro por Demetrio de Falero, logo por Fedro, Babrio, Jean de La Fontaine e Félix María Samaniego. Hai unha versión en galego das súas Fábulas, obra de Xoán Carlos Domínguez Alberte.

Nas súas fábulas hai unha ensinanza moral, non unha doutrina. Recollen experiencias da vida cotiá que forman un conxunto de ideas de carácter pragmático.

Un exemplo é: A galiña dos ovos de ouro