Manuel Lourenzo González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Lourenzo González
Manuellourenzoglez.jpg
Nacemento 3 de marzo de 1955 (62 anos)
Lugar Paredes, Vilaboa,Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación escritor
Xéneros Narrativa, teatro
editar datos en Wikidata ]
Este artigo trata sobre o narrador galego de Vilaboa Manuel Lourenzo González, para o actor e autor teatral Manuel Lourenzo Lourenzo,de Ferreira do Valadouro, véxase Manuel Lourenzo.

Manuel Lourenzo González, nado en Paredes, Vilaboa, o 3 de marzo 1955, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Pedagoxía, é profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Autor polifacético, ten publicados libros de relatos, novelas, teatro, ademais de obras de literatura infantil e libros de texto. Obtivo varios premios: Pedrón de Ouro, Carvalho Calero, Café Dublín, García Barros, Narrativas quentes e Merlín en narrativa e O Facho (1990, A galiña, o lagarto e o burro) e Estornela en teatro. En 2008 obtivo o Premio Xerais de Novela pola obra O xardín das pedras flotantes. En 2011 gañou o Premio Blanco Amor. Tamén en 2011, gañou o Premio O Barco de Vapor pola súa obra "Mundo Arb"[1]. En 2017 gañou o premio Jules Verne por Ceiba de luz.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • No outono das fragas, 1992.
  • Tanis I o Mocos, 1998, Xerais.
  • Estanislao, príncipe de Sofrovia, Xerais.
  • Animais de compañía, 1998.
  • A leiteira, 1999.
  • O patadón, 2001.
  • Irmán do vento, 2003, Xerais. Premio Merlín.
  • Piñeco, 2004.
  • Ela atopa un nome, 2005.
  • Unha pantasma no colexio, 2006.
  • Mundo Arb, 2012.
  • Flor de area, 2013, Xerais.
  • Ceiba de luz, 2017, Premio Jules Verne

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Auto do Entroido, 1995. Premio O Facho.
  • A música da noite, 2001. Premio Estornela.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Edicións do Castro.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015.
  • Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica, Urco Editora/Contos Estraños, 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]