Roberto Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Roberto Salgueiro González, nado en Caracas o 28 de outubro de 1966, é un escritor e director de teatro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, é director da Aula de Teatro da USC, dirixe cursos e participou en tarefas de tradución e dirección de Teatro da Lúa e Uvegá-Teatro. Colaborou en revistas teatrais.

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • O arce no xardín, 1989, Xerais, estreada polo Centro Dramático Galego no mesmo ano da súa publicación.
  • Historia de Neera, 1989, edición do autor, estreada por Teatro do Atlántico en 1990.
  • Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, 2001, Xerais
  • Matanza, 2002, Deputación da Coruña.
  • Apnea, 2003, Baía.
  • Molière final, 2003, Xerais.
  • Historia da chuvia que cae todos os días, 2008, Xerais.
  • Memoria de Helena e María, 2009, Difusora.
  • Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can), 2009, Baía.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Representacións[editar | editar a fonte]

Aula de Teatro da USC[editar | editar a fonte]

  • A esperar a Godot, de S. Beckett (1990-91).
  • O Matrimonio, de W. Gombrowicz. (1991-92).
  • Nosferatu, de Fco. Nieva (1992-93).
  • Cando chega decembro, de M. Lourenzo (1993-94).
  • King Kong Palace, de M.A. de la Parra (1994-95).
  • A velada espectral de míster Peabody, de M. Lourenzo (1995-96).
  • Ubu rei, de Alfred Jarry (1996-97).
  • Comedia noxenta para mamá, de S. Witckiewicz (1997-98).
  • La cabeza del dragón, de Valle-Inclán (1998-99).
  • Os vellos non deben namorarse, de Castelao (1999-2000).
  • O burgués xentilhome, de Molière (2000-2001).
  • Matanza, de R. Salgueiro (2001-2002).
  • Apnea, de R. Salgueiro (2002-03).
  • Hamlet, de Shakespeare (2003-2004).
  • Ubu Encadeado, de Alfred Jarry (2004-2005).
  • O velorio de Pat O’Connor, de R. Salgueiro (2005-2006).
  • El caballero de Olmedo, de Lope de Vega (2005 – 2006).
  • Trufaldino, servidor de dous amos, de Carlo Goldoni (2006-2007).
  • As raíñas, de Werner Schwab (2007-2008).
  • As cuñadas, de M. Tremblay (2009-2010).
  • Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz (2010-2011).
  • Comedia famosa do cabaleiro de Olmedo, de Fco. de Monteser (2011 – 2012).
  • Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo, de Rodrigo García (2012 – 2013).
  • APNEA (variación 2ª), de R. Salgueiro (2013 – 2014).
  • A Historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet, de S. Sondheim (2014 - 2015).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Álvaro Cunqueiro no 1988, por O arce no xardín.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2000, por Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado.
  • Finalista do Premio Rafael Dieste no 2001, por Matanza.
  • Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro no 2002, por Apnea.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2002, por Molière final.
  • Premio de Teatro Abrente no 2006, por Memoria de Helena e María.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2007, por Historia da chuvia que cae todos os días.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]