Egito Gonçalves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEgito Gonçalves
Biografía
Nacemento8 de abril de 1920 Editar o valor em Wikidata
Matosinhos, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 2001 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

José Egito de Oliveira Gonçalves, máis coñecido como Egito Gonçalves, nado en Matosinhos o 8 de abril de 1920 e finado no Porto o 28 de xaneiro de 2001, foi un poeta, editor e tradutor portugués.[1][2]

Publicou os primeiros libros en 1950. Tivo como actividade profesional a administración dunha editora e tamén foi xefe do Despacho de Márketing dunha Compañía de Seguros.

A súa intensa actividade de divulgación cultural e literaria concretouse, a partir dos anos 50, na fundación e/ou dirección de diversas revistas literarias, como A Serpente (1951), Árvore[3] (1951-53), Noticías do Bloqueio (1957-61), Plano (1965-68, publicada polo Cineclube do Porto) e Limiar.

Participou en movementos antifascistas, no plano cultural e na política. Pertenceu ao M.U.D. e ás Comisións Nacional e Executiva do III Congreso de Aveiro, e desenvolveu actividades de animación cultural no Porto, tendo pertencido á dirección do Teatro Experimental do Porto, do Cineclube do Porto, da Cooperativa Árvore e da Associación de Jornalistas e Homens de Letras do Porto. Pertenceu tamén á Sociedade Portuguesa de Escritores, á Associación Portuguesa de Escritores, á Sociedade Portuguesa de Autores e o PEN Clube Portugués. Tamén ao "Congreso para a Liberdade da Cultura" (Francia) e á "Comunitá Europea degli Scrittori" (Italia). Foi membro da "Hispanic Society of America" (Nova York) e correspondente do "Centre International d'Études Poétiques" (Bélxica).[4]

A súa obra encóntrase traducida ao francés, polaco, búlgaro, inglés, turco, romanés, catalán e castelán.

Faleceu en 2001, e o seu último libro, Entre Mim e a Minha Morte Há Ainda um Copo de Crepúsculo, foi editado cinco anos despois.[5]

Coñecida polo seu cunho combativo e intencionalidade social, a poesía de Egito Gonçalves encontra moitas veces no diálogo e chamamento a un interlocutor non nomeado a situación comunicativa privilexiada para aludir de forma irónica ou diferida a contextos históricos, encontrando nesa mediación o distanciamento preciso para que a súa voz non ceda á expresión sentimental dun lirismo motivado por situacións tráxicas.[6]

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • Poema Para os Companheiros da Ilha (1950). Col. Cítara
  • Um Homem na Neblina (1950). Col. Cítara.
  • A Evasão Possível (1952). Col. Cadernos das Nove Musas, deseño de Fernando Lanhas.
  • O Vagabundo Decepado (1957). Notícias do Bloqueio.
  • A Viagem com o Teu Rosto (1958). Europa-América, Col. Cancioneiro Geral.
  • Memória de Setembro, (1960). Notícias do Bloqueio.
  • Diário Obsessivo (1962). Ed. do autor.
  • Os Arquivos do Silêncio (1963). Portugália, Col. Poetas de Hoje.
  • O Fósforo na Palha seguido de O Sistema Interrogativo e outros poemas (1970). Dom Quixote, Col. Cadernos de Poesia.
  • O Amor Desagua em Delta (1971). Inova, Col. Coroa da Terra.
  • Meditação em Catarina (1972). Poster.
  • Sonhar a Terra Livre e Insubmissa (1972). Con Luís Veiga Leitão e Papiniano Carlos. Inova, Col. Duas Horas de Leitura.
  • Destruição: Dois Pontos (1973). Inova, Col. Indícios de Oiro.
  • Luz Vegetal (1975). Limiar.
  • As Zonas Quentes do Inverno (1977). Inova, Col. O Oiro do Dia, deseño de José Rodrigues.
  • A Nordeste de Junho (1979). Inova, Col. O Oiro do Dia, deseño de Amadeu de Souza Cardoso.
  • Poemas Políticos (1980). Moraes. Col. Círculo de Poesia, prefacio de Maria da Glória Padrão.
  • Os Pássaros Mudam no Outono (1981). Limiar.
  • Falo da Vertigem (1983). Limiar.
  • Notícias do Bloqueio: Algumas Traduções (1984). Associação de Jornalistas e Homens das Letras do Porto.
  • Dedikatoria (1989). Ed. do autor, deseño de Ângelo de Sousa.
  • O Pêndulo Afectivo, Antologia 1950-1990 (1991). Afrontamento.
  • Três Poetas Húngaros (1991). Limiar.
  • E No Entanto Move-se (1995). Quetzal, prefacio de Rosa Alice Branco.
  • O Mapa do Tesouro (1997). Campo das Letras, Col. Aprendiz de Feiticeiro, deseño de David de Almeida.
  • A Ferida Amável seguido de Lettera Amorosa (2000). Campo das Letras, prefacio de Casimiro de Brito.
  • Entre Mim e a Minha Morte Há Ainda um Copo de Crepúsculo (2006). Campo das Letras, prefacio de Manuel António Pina.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1977: Premio de Tradución Calouste Gulbenkian, da Academia das Ciencias de Lisboa pola selección de Poemas da Resistência Chilena
  • 1985: recibiu o Premio Internacional Nicola Vaptzarov, da Unión de Escritores Búlgaros.
  • 1994: Condecorado polo Presidente da República co Grau de Grande Oficial da Ordem do Infante D. Henrique.
  • 1995: Premio Eça de Queirós, por E No entanto Move-se.
  • 1995: Premio de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores, por E No entanto Move-se.
  • 1996: Premio de Poesía do PEN Club Portugués, por E No entanto Move-se.
  • 1998: Premio Seiva de Literatura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Egito Gonçalves. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-09. 
  2. "Biografia - José Egito de Oliveira Gonçalves". escritas.org (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-09. 
  3. "Árvore : folhas de poesia [1951-1953]". hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. Consultado o 2020-06-09. 
  4. "Egito Gonçalves BIOGRAFIA". www.truca.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-09. 
  5. "Egito Gonçalves". Jornal Tornado (en portugués). 2018-11-04. Consultado o 2020-06-09. 
  6. Infopédia. "Egito Gonçalves - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-09.