Laureano Araujo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Laureano Xoaquín Araujo Cardalda
Laureano Xoaquín Araujo Cardalda.jpg
Nacemento 1964
Lugar Berna, Suíza Suíza
Nacionalidade España
Ocupación escritor
Xéneros Ensaio, Tradución, Poesía
Estudos Dereito, Ciencia política
editar datos en Wikidata ]

Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, nado en Berna en 1964, é un profesor, analista político e autor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos medios en Berna, no Instituto Económico Kirchenfeld.[1] Na Universidade de Santiago de Compostela licenciouse en dereito e doutorouse en ciencia política[2][3]. Tras varios anos como funcionario na Administración da Xunta de Galicia, exerce como profesor de carreira de Alemán de ensino secundario[4].

Entre 2003 e 2009 foi membro do consello de redacción da Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (RIPS)[5][6] da Universidade de Santiago de Compostela, de cuxo comité científico forma parte.[7] É o autor de Café Federal[8], un dos blogs[9] de Praza Pública, e participou na mesa de debate político do programa Vía V[10] de V Televisión.

En 2014 gañou o II premio de poesía Gonzalo López Abente[11] con Os días condenados. Fragmentos para un devocionario.[12][13][14]

Obra[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, Vigo, Xerais, 2014[17][18].

Artigos en obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • “A cuestión lingüística en Francia: unha introducción ó caso do catalán”, en Constenla Bergueiro, Gonzalo, e Ana Luna Alonso (eds. e coords.), Linguas sen Estado e planificación lingüística (I): Italia e Francia (intr. de Gonzalo Constenla Bergueiro e Ana Luna Alonso), Vigo, Universidade de Vigo, Colección Monografías da Universidade de Vigo, Serie Humanidades e ciencias xurídico-sociais, 57, 2003, 171-192.[19]
  • “Retorno ás orixes da transición política: o impacto do Concilio Vaticano II en Galicia e en España”, en González Fernández, Helena, e María Xesús Lama López (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003, Sada, Ediciós do Castro, 2007, 1017-1029 [DVD].
  • “La laicidad y sus límites en España. Acción legislativa y bloque católico”, en Colino, César, e Ramón Cotarelo (comps.), España en crisis. Balance de la segunda legislatura de Rodríguez Zapatero, Valencia, Tirant lo Blanch / Tirant Humanidades, Colección Plural, 2012, 163-190.[20]
  • “A situación demográfica galega. Causas e recursos para a acción política”, en Barreiro Rivas, Xosé Luís, Rosa Matilde Pascual Monzó e Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (eds.), O reto demográfico de Galicia, Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Colección Xornadas, 1, 2012, 261-278.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gymnasium Kirchenfeld". Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  2. Araujo Cardalda, Laureano Xoaquín. "A Igrexa ten que medirse moito na súa oposición ao Estado en certos temas (entrevista de Cristina Rúa Cortizo)". Consultado o 29 de abril de 2015. 
  3. V Televisión, 'Vía V'. "Política y religión: ¿Una relación peligrosa?". Consultado o 23 de xuño de 2015. 
  4. Araujo Cardalda, Laureano Xoaquín. "O ensino non está a atender a demanda laboral do alemán (entrevista)". Consultado o 28 de abril de 2013. 
  5. "Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas". Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  6. "Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas". Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  7. "Comité científico da RIPS". Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  8. "Café Federal". Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  9. "Obradoiro de Praza Pública". Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  10. "'Vía V', de V Televisión". Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  11. Fundación Gonzalo López Abente. "Nova da concesión do II Premio de poesía Gonzalo López Abente". Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  12. Bragado Rodríguez, Manuel. "Onte 1041: O poeta de Nemancos". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  13. Araujo Cardalda, Laureano Xoaquín. "A poesía é o ámbito artístico no que a palabra é máis libre (entrevista de Ángel Palmou Cibeira)". Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  14. La Voz de Galicia. "A entrega será este sábado en Muxía". Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  15. Böll, Heinrich. "Opinións dun pallaso". Consultado o 16 de abril de 2018. 
  16. Mann, Thomas. "A morte en Venecia". Consultado o 16 de abril de 2018. 
  17. Araguas, Vicente. "Silencios e condenas". Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  18. Sinopsis del Libro. "Os Días Condenados - Laureano Xoaquín Araujo Cardalda". Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  19. "Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións". Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  20. "Tirant lo Blanch, Libros". Consultado o 3 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]