Masito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMasito

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Manuel Emilio Aristóteles Beiró Martínez Editar o valor em Wikidata
10 de xaneiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , cartelista , ilustrador , xornalista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioMasito Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BUSC: beiro-masito-1955 Dialnet: 5674220

Manuel Emilio Aristóteles Beiró Martínez, máis coñecido como Masito, nado na Trabanca (Padrón) o 10 de xaneiro de 1955,[1] é un xornalista, pintor, ilustrador e cartelista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo do pintor Manuel Beiró Buxán. No ano 1963 acadou o primeiro premio de pintura infantil organizado polo xornal La Voz de Galicia e participou nunha exposición colectiva de novos valores na Coruña, no local A Terraza. Foi bolseiro da Escola de Artes Mestre Mateo e diplomouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Traballou como xefe de prensa do concello de Padrón[2] e como xornalista na axencia EFE. Foi tamén correspondente do xornal El Correo Gallego dende 1986 ata 1990, foi director fundador da revista Petroglifo da Asociación Galega de Artes Gráficas,[3] traballou en programas de radio e participou en diversos ámbitos culturais da vila padronesa.

Unha escolma da súa obra foi exposta na Bienal do Convento do Carme de Padrón, e no certame de pintura Bello Piñeiro de Ferrol. Participou en exposicións en Rianxo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Arte-Mostra Santiaguiño, O Courel e Forcarei.

Realizou a ilustración dos libros Pseudopoesía: ala Costa de la muerte: marineras (1978) de Arturo Romaní; Paixón e vida dun poeta (1981) e Almenar poético (1985) os dous de Maximino Castiñeiras; Balada do vento na ría (1987) de Xesús Santos; Diáspora.com (2002) de Xosé Manuel Lobato e mais no primeiro libro editado do certame de poesía Rosalía de Castro, con limiar de Méndez Ferrín, da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà en 1992.[4]

Tras facer Laxeiro a portada do primeiro número, fixo a portada do seguinte número da revista Olláparo (1984) de Cedeira, con limiar de Carlos Casares. Ilustrou a portada da revista Lúa Nova da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà[5] e para a revista Ólisbos (1990) creou o retrato do escritor Miquel Àngel Riera. Foi autor de numerosos carteis de festas, como os da Pascua de Padrón,[1] A Anguía de Valga, Corrubedo, o Congreso do Deportivo da Coruña (1999), o Irmandamento Noirmountier (1993) etc.

Fixo ó longo da súa carreira como pintor diversas exposicións individuais, dende París[1] a Barcelona, Noirmoutier-en-l'Île ou Buenos Aires.[6][7] Malia padecer unha enfermidade dexenerativa da mácula ocular continúa a pintar.

Velaquí a presenza do home e mais da arte: este Masito Beiró que, como ben ensinado, afirma e expande todo un espírito e unha vontade: a de sermos. Velaquí o padronés que ilustra poesías e conciencias, aquel que leva como poucos o selo da súa e da nosa terra, o que soubo herdar pinceis e lapis, e tardes e noites de traballo e entrega. Védeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 López, Uxía (19-06-2001). "«Meu pai abriume moitas portas cando era novo»". El Cronómetro. La Voz de Galicia. Consultado o 10-11-2023. 
  2. López, Uxía (23-11-2002). "O premio Maruxa Villanueva recoñece o «nivel interpretativo» de Susana Dans". La Voz de Galicia. Consultado o 10-11-2023. 
  3. "Petroglifo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9. 
  4. Certame "Rosalía de Castro" de poesía en lingua galega. Sotelo Blanco. 1994. ISBN 84-7824-205-8. 
  5. "Lúa Nova. Órgano de difusión da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro". Consello da Cultura Galega. Consultado o 10-11-2023. 
  6. "Masito". Cultura Galega. Arquivado dende o orixinal o 31-10-2014. Consultado o 10-11-2023. 
  7. Guía sobre a exposición da Mostra de pintura de Masito. Cornellà: Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro. 1993. 
  8. "Cita de Anxo Angueira". Cultura Galega. 1992. Arquivado dende o orixinal o 31-10-2014. Consultado o 10-11-2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]