Catherine Davies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCatherine Davies
Biografía
Nacemento1952
Liverpool
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Glasgow Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e hispanismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncatedrática de universidade
EmpregadorUniversidade de Manchester
Institute of Modern Languages Research (en) Traducir
Universidade de Londres
Universidade de St Andrews Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1151851

Catherine Davies, nada en Liverpool en 1952, é unha catedrática e escritora británica, especialista na literatura e historia cultural española e hispanoamericana dos séculos XIX e XX.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid en 1979 e doutorouse en 1984 na Universidade de Glasgow, coa tese Rosalía de Castro no seu tempo, orixinalmente en inglés, despois publicada en galego pola Editorial Galaxia.[2]

É directora, dende 2014, do Institute of Modern Languages Research da Universidade de Londres.[1]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Entre outras, é autora das seguintes publicacións:

  • "Manuel Murguía, Rosalía de Castro y el Museo Universal", en Cuadernos de Estudios Gallegos (IEGPS) 96-97, 1981.
  • "A ideoloxía político-social de Rosalía: Raíz do seu pesimismo existencial", en Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, 1985.
  • Rosalía de Castro no seu tempo, Editorial Galaxia, 1987.[3]
  • Rosalía de Castro e Follas novas, Editorial Galaxia, 1990.[4]
  • Spanish women's writing, 1849-1996, 1998.
  • "Rosalía de Castro: aislamiento cultural en un contexto colonial", en Literatura y feminismo en España: (s. XV- XXI), 2005.
  • "Troped out of History: Women, Gender and Nation in the Poetry of Andrés Bello", 2007.
  • "Rafael María de Labra and " La Revista Hispano-Americana", 1864-1867", 2010.
  • "Rosalía de Castro e a antropóloga feminista inglesa Annette Meakin" en Grial 194, 2012.
  • "Flavio e o mundo natural" en Grial, revista galega de cultura 199, 2013.
  • "Rosalía de Castro: la falta de una vida pública", 2013, en Rosalía de Castro no século XXI.[5]
  • "Rosalía de Castro y América", 2013, en Rosalía de Castro no século XXI.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]