Conversa:Ólisbos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Indignación[editar a fonte]

Recupero mensaxe deixada na páxina do artigo, pero que debe ser incorporada á conversa sobre o artigo (--Xabier Cid Talk 2 me, please 15 de abril de 2020 ás 10:47 (UTC))[responder]

Escribo isto indignado. Alguén anda a corrixir, resumindo, o que eu vou subindo con moito traballo. E ese alguén non ten nin idea do tema. Escribo isto aquí porque a páxina de conversas resulta imposíbel de utilizar, é pouco áxil e non é nada doado saber onde tes que escribir a resposta.

Ben, eu fun subindo información, aínda non definitva ,que queda aínda para iso, seguindo o que se le do nº 9 en adiante. E non entendo que se teña tanto prurito co que eu subo, resumíndoo miserabelmente, cando non se tivo o mesmo cos devantditos números do 9 en adiante.

Paso traballo subindo a información aquí. Seríame máis doado escribir o mesmo noutro lado, e sen que ninguén me corrixira, indicando expresamente que o que escribo se debe a que a Galipedia ofrece información falsa e non permite que sexa actualizada por quen ten coñecemento directo do tema. --Este texto foi publicado por Xosé M. Eyré o 15 de abril de 2020 ás 12:04 (hora galega) no texto do artigo.


A ver, Xabier Cid, primeiro corrixinche inexatitudes que mantiñas nas liñas anteriores. Non comprendo como es quen de manter mentiras sabendo que o son. Non comprendo como te botas a escribir de algo que non coñeces sen importarche se o que dis é mentira ou verdade.

Pero antes de seguir direiche que o conduto que tedes establecido para a "conversa" é inútil. Entras aí e accedes a unha páxina onde non podes escribir nada. Por iso me vexo obrigado a este apaño.

Despois dicirche que non sei se seguides algún protocolo ao relacionarvos cos usuarios que soben información. Porque, como mínimo, a lóxica e a decencia indican que antes de meter man nunha información allea ( da que seguramente non controlades nada ou moi pouco), antes diso o normal é que avisedes a quen suba a información e que resuma ( ou faga o que sexa) esa persoa. O resto, o que facedes ou o que sei por experiencia...é dunha desconsideración atroz con quen só quere contribuír.

E claro, claro que salvei toda a información que puiden levando todo o posíbel para asegurar que ninguén meta man nel e o escaralle todo, como ti fixeches. Non vos necesito para facer pública unha información que poucos ou moi poucos podemos ofrecer. E sen que ninguén che meta man no que escribes.

Eu só quería contribuír á Galipedia. A experiencia foi frustrante pola tú aculpa. Tempo perdido.

Sigo sen saber a que vén o favoritismo de manter sen tocar a información relativa aos número 9 e posteriores. Non son máis importantes que os números 0, 1,2,3,4 porque estes nnúmeros que eu ofrecía permiten seguir de cerca o nacemento dunha revista-plataforma da Facultade de Filoloxía, unha experincia única que derivou nunha revista cultural coma calquera outra.

Sigo sen saber como mantés de directora a Olga Novo, poeta á que admiro, desde o número 4 sabendo que é mentira. Pode que o fora desde antes, mais desde a información que temos foino no nº 19.

Por favor, abstente de modificar a información que queda, volverás meter a gadoupa, é o máis seguro. --Este texto foi publicado por Xosé M. Eyré o 16 de abril de 2020 ás 12:08 (hora galega) no texto do artigo.


Ola, Xosé M. Eyré. Primeiro de nada, vou facer un resumo:

  • Moitos dos puntos que aquí sinalas foron avisados, explicados e voltos a explicar na túa páxina de conversa. Dis que non es quen de editar na páxina (a iso irei logo): agora mesmo xa me chegaba con que confirmaras que o leras.
  • Tamén foi exposto nunha conversa de Facebook.

Vou agora aos puntos que tocas:

  • Para editar nunha páxina de conversa, coma esta, tes que premer no botón 'Editar a fonte'. Ábreseche unha caixa de texto, vas ata o final, escribes e xa. É ben que asines os teus textos nas páxinas de conversa. Pra iso, tes que darlle ao terceiro botón superior á esquerda (un que parece unha sinatura). Vanche aparecer uns códigos que, cando publiques, se transformará na túa sinatura.
  • Tentei ser amable. Publiquei dous avisos seguidos na túa páxina de conversa. Un, precisamente para dicirche que non meteses máis traballo, porque haba que corrixir bastante, que agardases. Logo volvín e expliqueiche, o mellor que souben, cales eran os problemas. E díxenche que, se che parecía ben, ía corrixir un número, o 0, para que vises como se podía facer, e que podiamos usalo como modelo, cos cambios e cousas que fixera falta facer. E agardei antes de facer nada pola túa resposta (que non chegou). Así que sinto se o viches como unha desconsideración atroz. Pero creo que fixemos para que non o fose. Sinto que a experiencia fose frustrante ou que a consideres tempo perdido. Eu fíxeno o mellor que puiden.
  • Favoritismos. Isto xa o expliquei, pero non me importa repetilo. Hai moitas (algunhas cousas) que están mal porque somos poucos. Se o día en que alguén fai algo que non é moi correcto, ninguén está mirando, e ademais nun artigo non moi frecuentado, pois o erro pode permanecer moito tempo. Ti espertaches o artigo (moitas grazs!) e eu vin todos os erros que tiña. Fixen o resumo dos contidos dedicados ao número 0 como exemplo, e díxenche que o facía como exemplo, para traballarmos a partir de aí. Se me respondeses e me dixeses "empeza polo 19", empezaría. A persoa que subiu os contidos do 19 non sei quen foi. Podo buscala no histórico da páxina pero non é algo que me preocupa se non teño que falar con ela: non hai favoritismos. Se non revisei todos os contidos aínda do artigo é porque 1) non tiven tempo e 2) estaba agardando a ver que pasaba contigo. unha vez que desatranquemos isto, xa me porei a corrixir todo o demais, labor que é voluntario e que fago no tempo que lle rouboao meu traballo.
  • Olga Novo. Precisamente porque non sei se Olga Novo foi a directora no número 4 non podo chegar, coller un dato que proporcionou outra persoa, e borralo. Cando hai un dato que non parece correcto, pónselle un marcador de {{cómpre referencia}}, para que a persoa que o achegou o comprobe e o cite bibliograficamente. Se ti me dis que o número 1 tiña un debuxo de Doré, eu non podo borrar ese dato: dubido del, márcoo como necesitado dunha referencia, e agardo a que ti o completes.

E máis nada. Gustaríame que leses o que che fun dicindo nestas conversas aquí e acolá. Especialmente me gustaría que me dixeches se entendes o principio de que a Wikipedia non é unha fonte primaria, e tamén o do conflito de intereses que che mencionei ao principio cando che falaba de distancia e obxectividade. Se tes algunha dúbida, podo explicarche máis. Estou para axudar. Moitas grazas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de abril de 2020 ás 11:20 (UTC)[responder]

Resumo do conflito de edicións[editar a fonte]

Anoto o que pasou co historial deste artigo para o futuro. Un usuario, X.M.Eyré, decidiu ampliar este artigo con información relativa aos números do 0 ao 4. A información publicada era moita, e incorría en problemas de formato (múltiplos), en problemas de investigación primaria e en problemas de distanciamento / obxectividade. Como era un editor novel, tentóuselle explicar como era mellor facelo, e que problema tiñan os contidos verquidos por el na Wikipedia: deixáronselle mesnaxes na páxina de conversa e explicóuselle que se lle deixaba un tempo para subsanar os erros. Tamn se lle explicaba que se farían unha serie de correccións nunha das partes do artigo para que vise cal era o camiño a seguir co resto.

O editor non subsanou os erros, senón que tanto no corpo do texto (ignorando a conversa) como fóra da Wikipedia, manifestou a súa indignación polo tratamento recibido. Nun deses momentos, decidiu borrar todo o contido achegado por el, e facer algunhas correccións no resto do artigo. Volvéuselle ofrecer axuda para tentar amañar o texto, pero rexeitouna e sinalou que non volvería á Wikipedia. Non se realizou ningún tipo de acción de protección de contidos, agás a de trasladar os contidos opinativos/de queixa desde o artigo até a páxina de conversa.

O resultado, ademais da perda dun editor, é un artigo que presenta os seguintes problemas:

  • erros múltiplos de formato
  • distanciamento: parte dos contidos foron achegados por unha persoa que participou nos acontecementos.
  • investigacións primarias: algúns dos contidos non son referenciables.

Algúns deses problemas xa estaban presentes no artigo con anterioridade.

Iníciase un proceso de mellora do artigo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de abril de 2020 ás 12:36 (UTC)[responder]