Virtus Pallacanestro Bologna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virtus Pallacanestro Bologna
Liga Liga de baloncesto de Italia
Fundado en 1922
Historia 1922-presente
Pavillón Futurshow Station
(11,000 espectadores)
Cidade Boloña, Italia Italia
Cores Negro e branco
Presidente Romano Bertocchi
Adestrador Matteo Boniciolli
Títulos 15 Ligas
8 Copas de Italia
1 Supercopas de Italia
2 Euroligas
1 Recopa de Europa
1 FIBA EuroChallenge
Web

O Virtus Pallacanestro Bologna é o nome oficial dun histórico club de baloncesto italiano, fundado en 1922 na cidade de Boloña. É un dos clubs máis prestixiosos de Italia e Europa, como así o acredita o seu palmarés que, entroutros títulos, conta con 2 Euroligas e 1 Recopa de Europa, e 15 Ligas italianas e 8 Copas italianas.

Pese a que o "Virtus Pallacanestro Bologna" é o nome oficial, o club foi normalmente coñecido co nome que lle deron as diferentes empresas que o patrocinaron ao longo da súa historia, coma a meirande parte dos equipos italianos de baloncesto. Os seus nomes comerciais máis coñecidos son Sinudyne, Granarolo, Knörr, Buckler y Kinder.

Índice

Historia [editar]

O club ten unha longa historia. A mellor tempada do Virtus no que se refire aos trofeos foi a 2000-01, cando gañou a Euroliga (aínda que era o ano da escisión entre a FIBA e a ULEB) e a Liga e a Copa italianas. Antes gañara a Euroliga tamén en 1998 con Predrag Danilović.

Sen embargo, logo desa tempada triunfal de 2000-01 varios xogadores clave marcharon. Ao final da tempada 2001-02, Manu Ginobili, o mellor xogador da Final Four de 2001, marchou á NBA, e tamén Marko Jarić. Ao final da tempada 2002-03, o Virtus, como consecuencia de graves problemas financeiros, foi relegado á Segunda División italiana. Conseguiu o retorno á Primeira División, a Lega serie A, na tempada 2006-07.

A forte rivalidade local entre a Virtus e a Fortitudo en Boloña é unha das máis intensas do mundo do deporte. O xornalista da revista americana Sports Illustrated Alexander Wolff adicou un capítulo do seu libro sobre baloncesto Big Game, Small World a esta rivalidade.

Palmarés [editar]

Títulos internacionais [editar]

Títulos nacionais [editar]

Ligazóns [editar]