David Andersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Andersen
ASVEL Basket  – No. 13
Información persoal
Nacemento 23 de xuño de 1980 (43 anos)
Victoria Melbourne, Victoria
Nacionalidade Australia Australia / Dinamarca
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga NBA
Información da carreira
Pre-draft club FC Barcelona
NBA Draft 2002 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por Atlanta Hawks
Carreira dende 1998
Historial de equipos
Wollongong Hawks (1998–1999)
Virtus Bologna (1999–2003)
Mens Sana Basket (2003–2004)
CSKA Moscova (2004–2008)
FC Barcelona (2008–2009)
Houston Rockets (2009–2010)
Toronto Raptors (2010)
New Orleans Hornets (2010–2011)
Montepaschi Siena (2011–2012)
Fenerbahçe (2012–2013)
Strasbourg IG (2014)
ASVEL Basket (2014–presente)

David Andersen, nado o 23 de xuño de 1980 en Melbourne, Australia, é un xogador profesional de baloncesto australiano con pasaporte dinamarqués, que xoga para o ASVEL Lyon-Villeurbanne da LNB Pro A. Cunha altura de 2,11 metros xoga de ala-pivote ou pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe dinamarquesa dispón tamén da nacionalidade danesa, principiou profesionalmente xogando cos Wollongong Hawks. No ano 1999 pasou a xogar en Europa, no Virtus Bologna italiano, en 2004 incorporouse ao CSKA Moscova pero en 2008 foi transferido ao Barcelona.

No 2002 participou nos draft da NBA quedando 37, seleccionado polos Atlanta Hawks, en 2009 os dereitos adquiriunos os Houston Rockets con quen asinou un contrato por tres anos.

O 20 de novembro de 2010, Andersen foi traspasados aos New Orleans Hornets xunto a Jarrett Jack e Marcus Banks a cambio de Jerryd Bayless e Peja Stojaković.[1]

No verán de 2011, Andersen volveu a Europa, e asinou un contrato de tres anos co Montepaschi Siena.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "HORNETS ACQUIRE JACK, ANDERSON AND BANKS FROM RAPTORS". NBA.com. 2010-11-20. Consultado o 2010-11-21. 
  2. "MONTEPASCHI brings back David Andersen". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2011. Consultado o 04 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]