Ekpe Udoh
| Milwaukee Bucks – No. 13 | |
| Á-Pivote/Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de maio de 1987 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 111 kg (245 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Baylor |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 6
Escollido por Golden State Warriors |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
| Golden State Warriors (2010-2012) Milwaukee Bucks (2012-presente) |
|
Ekpe Udoh, nado o 20 de maio de 1987 en Edmond, Oklahoma, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense, que xoga nos Milwaukee Bucks da NBA. Xogou na Universidade de Baylor e foi elixido no draft de 2010 da NBA polos Golden State Warriors na 6ª posición.
Índice |
Universidade [editar]
Xogou durante tres tempadas, dúas en Michigan e unha en Baylor, onde conseguiu 8.4 puntos, 6.3 rebotes e 1.5 asistencias en 103 partidos. Ekpe foi nomeado rookie da semana en catro ocasións, xogador defensivo do ano coma junior e incluído no equipo defensivo e no equipo de rookies, tamén coma junior.
NBA [editar]
No draft de 2010, Udoh foi elixido na 6ª posición polos Golden State Warriors. Debido a unha lesión na man, Udoh non xogou un partido da NBA ata o 11 de decembro de 2010, cando fixo o seu debut contra os Miami Heat, xogando 3 minutos nos que anotou 2 puntos.
O 13 de marzo de 2012, foi traspasado aos Milwaukee Bucks xunto a Monta Ellis e Kwame Brown a cambio de Andrew Bogut e Stephen Jackson.[1]