Charlie Bell
| Pepsi Caserta | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de marzo de 1979 (33 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
| Peso | 91 kg (200 lb) |
| Instituto | Flint Southwestern |
| Información da carreira | |
| Universidade | Michigan State |
| NBA Draft | 2001 / Elección: Non elixido |
| Carreira | dende 2001 |
| Historial de equipos | |
| Phoenix Suns (2001) Phoenix Eclipse (2001-2002) ABA Dallas Mavericks (2002) Benetton Treviso (2002) LEGA Virtus Bologna (2002-2003) LEGA Mabo Livorno (2003-2004) LEGA Breogán Lugo (2004-2005) ACB Milwaukee Bucks (2005-2010) Golden State Warriors (2010-2011) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× Campión da NCAA (2008) 1× Campión LEGA (2002) |
|
| Información en nba.com | |
Charlie Will Bell III, nado en Flint (Michigan) o 12 de marzo de 1979, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para o Pepsi Caserta da Lega. Con 1'91 metros de estatura e 88 quilos de peso xoga habitualmente nas posicións de base ou escolta.
Comezou a xogar ao baloncesto no instituto Flint Southwestern Academy, na súa cidade natal, onde era unha estrela a nivel local, rematando como máximo anotador absoluto. Daquela tiña varias ofertas de diferentes universidades de toda América do Norte, mais chegado o momento de decidirse escoller ficar preto do seu fogar, elixindo os Spartans da Universidade de Michigan State.
Tras acabar o seu período universitario ingresou na NBA[1] da man dos Phoenix Suns e Dallas Mavericks, aínda que sen moito éxito, polo que decidiu trasladarse a Europa, onde foi campión e máximo anotador da LEGA e máximo anotador e nomeado no quinteto ideal da ACB. Despois da súa carreira europea, marchou en 2005 de Lugo cara Milwaukee, Wisconsin, para permanecer dende aquela na NBA.
Índice |
[editar] Traxectoria deportiva
[editar] Universidade e comezos na NBA
Charlie Bell, despois do seu éxito carreira no instituto de Flint Southwestern, chegou á Universidade de Michigan State atopándose con que non era o único xogador chegado de Flint, senón que os seus compañeiros Morris Peterson, Mateen Cleaves e Antonio Smith tamén compartían a mesma orixe. Cedo se fixeron bos amigos, escollendo o seu número para o equipo do seguinte xeito:
- #12 Mateen Cleaves
- #13 Antonio Smith
- #14 Charlie Bell
- #15 Morris Peterson
Os seus anos universitarios foron excelentes, levaron a Michigan State ao máis alto, gañando o campionato nacional NCAA no ano 2000 e a outras dúas finais máis consecutivas. Debido a isto o equipo foi alcumado como "The Flintstones", un xogo de palabras entre o nome da súa cidade e o nome orixinal de Os Picapedra. Así, convertéronse nunha lenda da universidade, na cal xa xogara xente como Magic Johnson, tatuándose os catro no ombreiro dereito FLINT, na honra á súa cidade e á súa impresionante etapa en Michigan.
A nivel individual Charlie conseguiu en catro anos consecutivos o título de mellor xogador defensivo, converténdose ademais nun dos tres xogadores da historia de Michigan State en rematar a súa carreira con máis de 1.000 puntos (1.468), 500 rebotes (624) e 300 asistencias (371) xunto co escolta Steve Smith ex-xogador dos San Antonio Spurs e Magic Johnson ex-xogador de Los Angeles Lakers. Ademais, é ata a actualidade un dos dous únicos xogadores capaces de lograr unha tripla-dupla nun partido defendendo a camiseta de Michigan State xunto co propio Magic Johnson. Foi titular en 136 dos 140 partidos que disputou e tivo como compañeiros a actuais estrelas NBA como Jason Richardson e Zach Randolph. Ademais, na súa etapa universitaria coñeceu a que acabaría sendo a súa esposa, Kenya Howard (agora Kenya Bell), estudante de enxeñería e candidata a Miss América, coa que logo tivo dous fillos, Casey e Charlie.
Despois disto, en 2001, chegaría o Draft da NBA onde tanto Bell como os seus compañeiros sairían bastante mal parados a excepción de Jason Richardson, que asinaría cos Golden State Warriors e Morris Peterson, que faría o propio cos Toronto Raptors. Outro membro do equipo, Randolph, chegaría tamén a ser escollido, mais nun número moi alto e pasando a ter un papel moi secundario nos Portland Trail Blazers. Cleaves deu voltas dun equipo a outro da NBA, mais sen chegar a asentarse e Charlie Bell, sen ser elixido e tras probar nos Phoenix Suns e Dallas Mavericks e na nova liga ABA sen éxito, decidiuse a emprender unha aventura por Europa.[2]
[editar] Europa
[editar] Percorrendo Italia
Trala súa marcha da NBA, Charlie Bell chegaría á Benetton de Treviso da LEGA, un dos grandes máis grandes do continente e non facía dez anos campión de Europa. Alí foi compañeiro de xente do nivel de Tyus Edney, mais en principio o seu papel só foi o de "can de presa": defender e asfixiar á estrela do equipo rival. Con todo, o seu adestrador Mike D'Antoni, actual adestrador dos New York Knicks e elixido Adestrador do Ano da NBA en 2004, deuse conta inmediatamente de que podía sacar moito mais partido a Bell, así que decidiulle dar a chave do equipo, decisión que logo resultaría ser un acerto. Charlie liderou xunto a Jorge Garbajosa e Edney á Bennetton para gañar un título da LEGA e xogar unha Final Four europea. O propio D'Antoni declarou:
Así Charlie comezou a ser recoñecido como unha estrela a nivel europeo e en 2002-03 asinaría coa Kinder de Bologna, un dos equipos europeos máis laureados da historia. Porén, lesionouse gravemente en decembro, pasando o resto da tempada practicamente en branco, o que o levou en agosto de 2003 a ser contratado polo Mabo Livorno, un equipo de segunda fila da Lega Italiana. Con todo, Charlie acabou a tempada cunha media de 24 puntos por partido e 20 de valoración, sendo incluído no quinteto ideal da liga e axudando a acadar o obxectivo do equipo, a permanencia. Con todo, non renovou ao final da tempada e decidiu cambiar de competición, aterrando na liga ACB.
[editar] Chegada a Lugo
Así en 2004, con 25 anos, Charlie Bell chegaría a Galicia, asinando polo C.B. Breogán de Lugo, denominado ese ano por motivos de patrocinio Leite Río Breogán, equipo dirixido por Moncho López. Con todo, Bell sufriría unha nova lesión a comezos de tempada e súa permanencia no equipo semellaba complicada. Porén, antes incluso de estar recuperado, Charlie Bell volvería a xogar, e aínda que coxo realizaría verdadeiras fazañas, anotando 37 puntos ao Real Madrid ou 30 ao Tau Cerámica Baskonia. Unha vez recuperado, o seu nivel de xogo sobe aínda máis, logrando anotacións de 40 puntos fronte ao Pamesa Valencia ou 41 puntos fronte ó Fórum Valladolid, sendo o seu tope de anotación de 43 puntos fronte ao Caja San Fernando.
Así, conseguiría ser nomeado tres veces xogador da semana (xornadas 15, 19 e 24) e outras tres veces xogador do mes (xaneiro, febreiro e marzo). Ademais, ao final da tempada liderou a clasificación en tiros de tres, cunha media do 44,49% de acerto, e colocándose primeiro na clasificación de anotadores, rematando a temporada cunha media de 27,0 puntos por encontro, sendo a media máis alta dun xogador dende 1990.[3] Grazas ao rendemento de Charlie Bell, o equipo comezou a gañar, soñando con entrar durante algúns momentos con entrar nos playoffs polo título, aínda que finalmente non o consegue. Charlie Bell acabou finalmente a tempada cunha media de 27 puntos por partido, 3 rebotes, 2 asistencias e 22,8 puntos de valoración de media. Foi elixido no quinteto ideal e estivo preto de ser MVP, quedando cuarto nas votacións. Ademais gañou o galardón de "Gigante del año" (do castelán: Xigante do ano) que a revista "Gigantes" entrega cada ano ao mellor xogador da liga ACB. Na cidade de Lugo é lembrado como un heroe, sendo alcumado polos habitantes locais coma "O xenio de Flint".
[editar] Volta á NBA
A seguinte tempada, Charlie é contratado polos Milwaukee Bucks por dous anos. Cun comezo de tempada dubitativo, a partir de febreiro e marzo goza de máis minutos e comeza a despuntar. Traballando dende a defensa e gañando máis autoridade no ataque convertese nun dos ídolos dos afeccionados de Milwaukee pola súa loita e entrega. O 28 de marzo do 2006, Bell xogou na NBA o seu mellor partido ata o momento conseguindo o súa primeira tripla-dupla, liderando aos Bucks a gañar 132 a 110 contra os Phoenix Suns, con 19 puntos, 13 asistencias e 10 rebotes.
Despois de que a súa anterior amarga experiencia na NBA, agora Bell goza dun certo éxito cos Bucks, cos que chegou a xogar os playoffs polo título na súa primeira tempada. Pese a ter xogado moi pouco ao principio, rematou a tempada con 8,4 puntos, 2,2 asistencias, e 2,0 rebotes en 21,7 minutos por partido. En playoffs, a súa media subiu ata os 9,2 puntos, sendo o seu tope anotador 29 puntos contra Miami Heat.
A tempada 2006-07 parecía propicia para que Charlie Bell comezase a tomar parte nos quintetos titulares tras a saída de T.J. Ford a Toronto, mais o gran rendemento do escolta Maurice Williams na posición de "point guard" (base) non permitiu que comezase o ano coma titular. De tódolos xeitos as súas boas actuacións e a presenza dalgún xogador exterior lesionado fixeron que tivera que actuar tanto de base, como de escolta e mesmo aleiro. Tras unha vintena de partidos Bell pasou a ser titular, condición que non abandonaría ata final da tempada, cunhas medias bastante superiores ás da tempada anterior (13,5 puntos, 2,9 rebotes e 3,0 asistencias). Xa na seguinte tempada, o 17 de setembro de 2007, converteuse nun axente libre restrinxido, asinando un contrato por 18.500.000 dólares por cinco años con Miami Heat. Aínda que Bell declarou que non quería xogar en Milwaukee, a franquía de Wisconsin decidiu igualar a oferta tres días despois. Así en 2008 e 2009, de novo cos Bucks, Bell comezou a xogar menos minutos (aínda que máis que cando chegou en 2005), baixou as súas medias a 8,4 puntos, 1,9 rebotes e 2,2 asistencias. O 22 de xuño de 2010, Bell, xunto a Dan Gadzuric, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de Corey Maggette.
[editar] Estatísticas
| Lenda | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| PX | Partidos xogados | PT | Partidos titular | MPP | Minutos por partido | %TC | Porcentaxe de tiros de campo |
| %3P | Porcentaxe de tiros de 3 | %TL | Porcentaxe de tiros libres | RPP | Rebotes por partido | APP | Asistencias por partido |
| ROU | Roubos de balón por partido | TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | Negra | Máximo de carreira |
[editar] Tempada regular
| Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2001–02 | Phoenix | 5 | 0 | 8.4 | .273 | .000 | 1.000 | .8 | .4 | .0 | .0 | 1.6 |
| 2001–02 | Dallas | 2 | 0 | 1.0 | .000 | .000 | .000 | .5 | .0 | .0 | .0 | .0 |
| 2005–06 | Milwaukee | 59 | 6 | 21.7 | .439 | .423 | .708 | 2.0 | 2.2 | 1.0 | .1 | 8.4 |
| 2006–07 | Milwaukee | 82 | 64 | 34.7 | .437 | .352 | .780 | 2.9 | 3.0 | 1.2 | .1 | 13.5 |
| 2007–08 | Milwaukee | 68 | 5 | 23.9 | .381 | .341 | .805 | 2.5 | 3.1 | .8 | .0 | 7.6 |
| 2008–09 | Milwaukee | 70 | 23 | 25.5 | .414 | .363 | .825 | 1.9 | 2.2 | .7 | .1 | 8.4 |
| 2009–10 | Milwaukee | 71 | 39 | 22.7 | .381 | .365 | .716 | 1.9 | 15.2 | .6 | .2 | 6.5 |
| Carreira | 357 | 137 | 25.8 | .414 | .362 | .771 | 2.2 | 2.4 | .8 | .1 | 8.9 |
[editar] Playoffs
| Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2005–06 | Milwaukee | 5 | 0 | 21.6 | .395 | .455 | 1.000 | .6 | 1.4 | .6 | .4 | 9.2 |
| 2009–10 | Milwaukee | 3 | 0 | 2.7 | .000 | .000 | .000 | .0 | .0 | .0 | .0 | .0 |
| Carreira | 8 | 0 | 14.5 | .378 | .417 | 1.000 | .4 | 0.9 | .4 | .2 | 5.8 |
[editar] Curiosidades
Charlie Bell está casado con Kenya Bell, unha ex Miss Michigan, e na actualidade residen en Grand Blanc, Michigan e en Wisconsin. O seu irmán, Brandon, tamén xogou ao baloncesto, nas universidades de Marquette e Detroit. Ademais Bell é o protagonista unha popular serie web titulada "Hey Charlie, fai o meu traballo!" na que fai o traballo de algún fan (como facer de dependente Wendy's ou ser decorador de interiores) por un día. Ademais no verán de 2006 organizou o seu primeiro "Charlie Bell Youth Basketball Camp" para nenos entre 6 e 15 anos en Fenton, Michigan.
Bell ao longo dos anos e diferentes equipos gañouse unha gran cantidade de alcumes, entre os que destacan: o xenio de Flint, o Santo, Deus, C-Murder, You can ring my Bell, Saved by Bell, Quiet Storm (ou en Galicia A tormenta silenciosa), Flintstone, San Charlie e X Factor. Como curiosidade antes dos partidos xanta habitualmente pasta, as súas cidades favoritas con equipo NBA son Milwaukee e Nova York e é afeccionado a xogar coa Xbox e a PSP.